O Auditorio de Rianxo
26 Mai
Hoxe déixovos aquí unha imaxe do auditorio de Rianxo, ese edificio que tardou case tres anos en inaugurarse, que semella moi ben que non sabe que facerse con el, que vai acollendo algún que outro acto e que agora tamén alberga a biblioteca municipal.
Póñovos esta vista porque me encanta esta estatua, da que algún día vos porei un primeiro plano, adicada ás xentes do mar. Tamén podedes ver na imaxe o parque de Europa, con algunha das súas fontes.
A igrexa de Santa María de Asados
16 Mai
Como toda parroquia galega que se prece, a de Asados tamén ten a súa, a de Santa María.
Cruceiro da Somoza
19 AbrMoitas veces pasamos ao seu carón, case sen prestarlles atención. Simbolizan o pasado, pero tamén a cultura, o traballo, as mans, as crenzas, a relixión e todo o que foi a nosa terra.
Moitos, coma este cruceiro da Somoza, en Asados, álzanse maxestousos, semellando querer tocar o ceo, estando máis preto de alá que de aquí. A súa función é lembrarnos a paixón de Cristo, a súa morte e o sufrimento que experimentou. Eu véxoo como un símbolo do que fomos. Pero tamén do que podemos ser. Podemos tocar o ceo, crer no que somos, loitar por aquilo que nos gusta e intentar ser cada día mellores persoas.
Civilización
10 Abr
Ás veces, semella que nalgúns lugares hai anos polos que non pasa ninguén. Sitios abandonados, deixados da man de Deus, pero que no seu día tiveron vida e bulicio.
É o caso de moitos dos muíños que podemos atopar seguindo o curso do río Té. Hoxe en día fican completamente abandonados, adaptándose á contorna, cubertos de hedras, sen tellado nin portas.
As tapas dos sumidoiros do paseo marítimo
6 AbrDe seguro que se sodes dos que paseados polo paseo marítimos vos fixáchedes en que o chan agora está cambiado. Máis ben o que cambiou foi o aspecto das feas tapas dos sumidoiros, que agora foron decoradas polos artistas de Leñaverde. Ao meu ver, unha boa iniciativa de Arousa Norte que se repetirá noutros concellos, ademais de en Rianxo.
Velaquí vos colgo algunhas das tapas para que vexades o fermosas que quedaron.
















