Subida ao Pico Muralla

9 Abr

A finais deste mes, en concreto o 24 de abril, terá lugar I Trail 500 verticais Pico Muralla – Concello de Rianxo, organizado tamén pola Asociación Barbantia Roda.

Para os que vos preguntades que é iso do trail, vén a ser algo así como unha modalidade deportiva na que corres por camiños e corredoiras no monte, cruzandoi regueiros e tamén un importante desnivel. Neste caso, o terreo para desfrutar deste deporte será o monte do Araño, xa que os participantes sairán do lugar da Hermida (O Araño) ás 11 da mañá para subir ata o Pico Muralla. Un desnivel nin máis nin menos que de 530 metros en 6 quilómetros. O punto de chegada será precisamente o Pico Muralla, que con 678 metros é o punto máis alto de Rianxo, cunhas vistas espectaculares.

Se desexas participar, podes inscribirte no I Trail 500 verticais Pico Muralla dende esta web.

Rianxo, no programa “Ribeiras de salitre” da TVG

7 Abr

O domingo pasado, o programa da TVG “Ribeira de salitre” estivo dedicado ao noso concello. Contou coa actuación das pandereteiras “Teidexal”, mentres que entrevistan ás mariscadoras Carmen Triñanes, Arancha Abuín e Carmen Ordóñez. Tamén falaron co bateeiro Ramón Vicente, con Eva Lesende, traballadora dunha das conserveiras de Rianxo e con Miguel Ángel Iglesias, Patrón Maior.

rianxo2

40 anos do descubrimento do casco de ouro de Leiro

4 Abr

Esta semana cúmprense 40 anos dende que José María Vicente, un veciño de Leiro, atopou o famoso casco de ouro. Para celebrar este aniversario, o xoves 7 de abril terá lugar unha mesa redonda no Auditorio Municipal, ás 20 horas, onde estará o propio descubridor, o xornalista e experto Manuel Gago, a doutora e profesora da Universidade de Vigo Bea Comendador ou o Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, Roberto Pena Puentes.

Non deixes de acudir ao evento ou de ler a entrevista que lle fixemos no seu día a José María Vicente.

Venres Santo en Rianxo 2016: santo encontro, desencravo e santo enterro

27 Mar

encontro01

O Venres Santo a verdade é que o tempo non acompañou, polo que os actos máis destacados non se puideron celebrar polas rúas de Rianxo, senón dentro do tempo. Comezamos coas imaxes do Santo Encontro. Todas as fotos, de novo, foron facilitadas pola Irmandade da Paixón de Cristo, a quen lles agradecemos a súa xenerosidade.

Seguir lendo

Xoves Santo en Rianxo 2016

26 Mar

xoves01

De novo, agradecerlles á Irmandade da Paixón de Cristo que nos permitisen difundir as súas fotos.

Seguir lendo

Fotos da regata galega de kayak de mar 2016

26 Mar

kayak 001

O pasado sábado, 19 de marzo, o Club Piragüismo Rianxo-Toffe organizou en Rianxo a primeira regata da liga galega de kayak de mar. Participaron 268 deportistas pertencentes a 22 clubes galegos, toda unha marca. O gañador foi o Club de Mar Ría de Aldán.

Seguir lendo

Viacrucis penitencia na Semana Santa de Rianxo 2016

25 Mar

De novo, darlle as grazas á Irmandade da Paixón de Cristo por deixarnos difundir as súas fotos.

viacrucis (1)

viacrucis (2)

viacrucis (3)

viacrucis (4)

viacrucis (5)

viacrucis (6)

viacrucis (7)

viacrucis (8)

viacrucis (9)

viacrucis (10)

viacrucis (11)

viacrucis (12)

viacrucis (13)

viacrucis (14)

viacrucis (15)

viacrucis (16)

viacrucis (17)

viacrucis (18)

viacrucis (19)

viacrucis (20)

viacrucis (21)

Domingo de Ramos 2016 en Rianxo

24 Mar

Fotos do Domingo de Ramos en Rianxo. As imaxes son da Irmandade da Paixón de Cristo, a quen lle damos as grazas.

12900073_1075455889141290_491242583_n

11106204_1075455915807954_2072387005_n

12476387_1075455932474619_37997896_n

12476391_1075455949141284_1052950587_n

12498926_1075455962474616_1561982210_n

12527850_1075455945807951_1617150233_n

12884621_1075455905807955_1214942398_n

12895279_1075455969141282_359980175_n

12900111_1075455965807949_906035350_n

Semana Santa 2016 en Rianxo

22 Mar

A Semana Santa 2016 de Rianxo comezou xa hai uns días, pero os principais actos van ter lugar esta semana. Mañá haberá vía crucis, o xoves pola noite procesión, mentres que o Venres Santo terá lugar o Santo Encontro, o Desencravo e o Santo Enterro.

Museo vivinte dos oficios invisibles

14 Mar

PROBA CARTEL OFICIOS INVISIBLES-1

Na mañá de onte, diante da casa museo de Manuel Antonio, tivo lugar unha pequena performance para recalcar a enorme importancia dos oficios que non se ven e que normalmente son desempeñados polas mulleres. Tratouse dunha iniciativa para visibilizar todo o que as mulleres fan e traballan, tarefas moitas veces non valoradas. Hai que lembrar que a semana pasada tivo lugar o Día da Muller Traballadora, unha data que sempre saca á luz datos escalofriantes sobre a discriminación que sofren no día a día en materia laboral.

 
Seguir lendo