Este Nadal, merca en Rianxo

22 Dec

Nestas festas, á hora de facer as túas compras ou ben os teus regalos, pensa en Rianxo e nos comercios do noso concello.

Ademais, mercando nas tendas que hai preto de nós investimos aquí, xeramos emprego entre os nosos veciños e dinamizamos a localidade, aforramos combustible (non é preciso ir sempre a Boiro ou a Santiago tendo de case todo en Rianxo), dan un trato persoal e máis amigable, e ofrecen calidade e produtos frescos.

Os estudantes de Rianxo coñecen os creadores locais nas aulas do instituto

21 Dec

IMG-20141221-WA0000

Este pasado venres tivo lugar unha xornada moi especial no instituto Félix Muriel. Remataba o primeiro trimestre, entregábanse as notas e… tamén se realizaba a presentación do libro Creadores de Rianxo. Pero non se fixo de calquera forma, senón da mellor posible, intentando establecer un vínculo entre os rapaces e os creadores, para que estes lles puidesen contar a súa experiencia, o seu traballo, e os mozos puidesen preguntar coñecer de primeira man como se documenta un historiador, como alguén compón música, redacta un libro…

Seguir lendo

Manuel Vicente “Chapí”, o perruqueiro amante da música e da historia

21 Dec

La Voz de Galicia. Carmela Queijeiro

Hoxe recuperamos unha entrevista do ano 2000 a Manuel Vicente Chapí realizada por Fernando Sarasqueta para La Voz de Galicia. Foi autor de obras como Louvanzas e lembranzas rianxeiras ou Antoloxía poético musical rianxeira. Ademais, era o posuidor do único disco que se conserva a día de hoxe da canción “Ondiñas da nosa ría”.

Tiña unha perruquería na rúa do Medio. Coméntame un amigo que era todo un espectáculo ir cortar o pelo ao seu local, xa que de súpeto deixaba o traballo a medias e collía a guitarra para tocar ou compoñer.

Así que copiamos e pegamos a entrevista:

“A miña foi unha vida adicada á música e ó espectáculo”, di Manuel Vicente “Chap” cando se lle pregunta pola antigüedade da súa entrega ás artes e á cultura. E o seu, como demostra no libro recentemente publicado, Louvanzas e lembranzas rianxeiras, tamén é a literatura, en forma de poemiñas sinxelos adicados á súa vila e ós veciños, de composicións feitas a xeito de agradecementos por toda a materia prima que lle proporcionaron as xentes de Rianxo para vivir e, en última instancia, para escribir.

O rianxeiro Manuel Vicente Chapí é un home delicado de saúde. Pero coma o guerreiro das artes que en realidade é, aínda ten folgos para publicar dous libros -o último editado é Louvanzas e lembranzas rianxerias-, fundar un grupo de música, editar un disco e lle dar os derradeiros retoques a outro libro máis sobre os persoeiros da cultura da súa vila, obra lista para ir ó prelo.
_Vostede atópase máis activo ca nunca nestes últimos anos. Publica dous libros e funda e lidera a agrupación Chapí, ¿non é verdade?
_Si, é verdade. Saquei á luz dous libros e fundei o grupo.
_Respecto ó seu conxunto musical, tamén foi editado un disco hai pouco, ¿nonsi?
_Si, hai uns dous meses. Títulase Cantando a Rianxo.
_E agora o libro...
_Si, o libro Louvanzas e lembranzas rianxeiras.
_Fálelle un pouquiño ós lectores del, do que vostede incluiu nas súas páxinas.
_Si, en primeiro lugar, hai corenta poemas meus nos que louvo a Rianxo e ás súas xentes. Nun segundo capítulo, incluín composicións sobre as fermosas mulleres desta vila mariñeira. A continuación, hai unha serie de relatos en verso, coma o que conta a amizade entre a mariscadora María a de Xan de Tello e un gardapraias, ou a da historia do castelo da Lúa, tamén de Rianxo, pertencente á Orde dos Templarios.

_Pero hai máis, ¿non?
_É certo. Hai longos poemas adicados ó director de El Barbero Municipal, Xosé Arcos Moldes, o home que se afanou coma ninguén por mellorar esta vila.
_E tamén hai cancións…
_Si, unhas 55 cancións miñas, con letra e música.
_Poderíase dicir que este libro e máis o outro publicado, son unha recopilación de toda a súa obra.
_Polo menos da máis destacada. Teño máis cousas feitas pero hai algunhas delas que non poderán ver nunca a luz.

A igrexa de Rianxo, por Castelao

20 Dec

Sabemos que Castelao ten moitos debuxos. Seguramente tantos, que non adoitamos relacionalos con Rianxo. Noutro post xa vos amosamos os dos escudos do concello. Hoxe queremos que vexades un par deles sobre a igrexa de Rianxo.

igrexasantacolumba

Ilustración no libro Cousas

Non me digades que non está igual a igrexa de Santa Columba que hoxe en día:

O primeiro deles é do tímpano da igrexa de Santa Columba. A imaxe está sacada do blog de Xosé Comoxo:

E aquí a comparativa cunha foto da igrexa:

Vivenda Social en Rianxo

18 Dec

Un total de nove vivendas de mestres, agora desocupadas, serán convertidas en vivendas Sociais en Rianxo

Adolfo Muíños lembrou esta mañá a obra social do concello de Rianxo neste ano. Aproveitou o momento para agradecer ao Colexio Castelao a súa labor voluntaria no reparto diario de comida. Entre 10 e 12 familias da zona con problemas para cubrir as súas necesidades básicas estanse a beneficiar desta obra social.

http://www.tv27barbanza.com/?p=2813

Adorna Rianxo

17 Dec

ÁRBORE DE NADAL Auditoiro

Queremos hoxe amosarvos un fermoso traballo que podemos contemplar polas rúas de Rianxo. Trátase de “Adorna Rianxo“, unha iniciativa popular coordinada por Pepa Martínez (A Fiestra artesanía) e secundada por unha chea de veciños de entre 6 e 80 anos, que consistíu en confecionar durante dous meses adornos de Nadal feitos con material de refugallo tales como lá, tapóns de botellas e botes, cd´s, anacos de teas, latas…, as cales foron dispoñendo de tal maneira que é unha marabilla podelas contemplar pola vila adiante.

Seguir lendo

Tempo de acivros, Tempo de libros

16 Dec

_MG_0320

O venres pasado 12 de decembro tivo lugar a presentacion da guía de lectura “Tempo de acivros, Tempo de libros“.  Na creación e na presentación colaboraron todos os centros escolares de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo. O C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Rianxo, o C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados, o C.E.P. Brea Segade de Taragoña, o I.E.S. Félix Muriel de Rianxo, o C.R.A. de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo.

Seguir lendo

Campaña de recollida de xoguetes

12 Dec

CARTEL DE RECOLLIDA DE XOGUETES 2014

A Concellería de Servizos Sociais de Rianxo desenvolve unha campaña de recollida de xoguetes e libros co fin de colaborar con aquelas familias con limitados recursos económicos.

Data de remate: 2 de xaneiro de 2015

Lugar: Centro de Servizos Socias

Requírese que os xoguetes e os libros estean en bo estado de conservación.

Xa sabedes, se tedes algún xoguete ou libro que non lle deades uso, sempre haberá a quen lle faga falla.

Oferta cultural para a fin de semana

10 Dec

cartaz guía de lectura 2014 biblioteca.JPGDeixámovos as actividades culturais que se van desenvolver esta fin de semana do 12 e 13 de decembro no marco da programación do Outono Cultural que ofrece a área de Cultura do Concello de Rianxo.

Seguir lendo

A noticia do roubo ao bar Elías na TVG

9 Dec

Fai clic enriba da imaxe para ir ao vídeo.

asalto