
Un ano máis, graciñas á Comisión de Juadalupeñas que tanto o curra durante todo o ano. Non só polo Rock in Rian, senón tamén para desfrutar dun Día das Peñas no que non falta de nada.

Un ano máis, graciñas á Comisión de Juadalupeñas que tanto o curra durante todo o ano. Non só polo Rock in Rian, senón tamén para desfrutar dun Día das Peñas no que non falta de nada.
O día das Juadalupeñas seguiu pola tarde na Martela. Os xogos desta vez foron cousa do programa “O porquiño polo que vale”, da canle Telemiño, que chegou a Rianxo para repartir xamóns co noso veciño Duarte Galbán.
Despois da lixeira chuvia que tivemos o domingo de noite, o luns das Juadalupeñas amenceu con moito sol e calor. O tempo ideal para participar nos xogos juadalupeños e gañar un xamón
Un dos días nos que máis rimos é o das Juadalupeñas, coas súas probas imposibles e os seus momentos delirantes. Iso si, desta vez non se apuntaron moitas peñas ás probas e cada vez semella que custa máis levantarse a certas horas 🙂
Se saes nalgunha destas fotos e a queres en maior tamaño ou ben prefires que a retire do blog, escríbeme a oscar.reboiras@gmail.com
Velaquí algún dos membros das Comisión de Juadalupeñas mans á obra:
Para comezar a cousa, o primeiro sempre é a xinca ou proba de relevos. Coa súa carreira enriba destas grandes bólas:
E tamén o relevo en carretilla. Aínda que algúns teñen sistemas completamente novidosos:
A xincana remata cun relevo no que os participantes teñen que levar un ovo enriba dunha culler que sosteñen coa boca. As présas ás veces son moi malas…
E que dicir da carreira de contedores?? Mellor ca unha de Fórmula1:
Como se pode ler no contedor, hai que ter moito valor para enfrontarse a esta proba porque un pode acabar mal parado:
Coma estes dous rapaces, que acabaron no chan tras unha freada un tanto no límite:
E este é o momento previo a un forte golpe que sufríu un dos membros da Comisión de Juadalupeñas. De feito tivo que irse polo moito que lle doía:
Outra das probas estrelas é o escachamento de ovos en cachola allea. Se ao veciño lle rebentas un ovo cru segues aínda. Pero se o ovo está cocido quedas eliminado:
E por último, unha serie de fotos da competición da corda, na que se demostraba quen era o máis forte:
A que non sabedes cal foi o obxecto estrela destas festas? Pois si, as gafas con patillas de cores: