Tag Archives: O Araño

Fotos antigas: a Festa da Empanada de Rianxo

15 Xuñ

Estas fotos están no perfil no facebook da Asociación de Veciños do Araño, que tan boa labor está a facer na parroquia. Polo que se ve nas instantáneas, estamos a falar do ano 1988. Daquela anunciábase que estabamos ante a empanada máis grande do mundo (facíana os veciños cun forno eléctrico que crearon na panadería de Panmillo, e que despois levaron de festa en festa):

Foto antiga do Pazo dos Calotes

30 Abr

Velaquí unha imaxe vella de como era o Pazo dos Calotes antes da súa resturación:

A imaxe está sacada da páxina do Facebook “Araño Galiza“.

Imaxes do pazo restaurado.

Alan Golias

16 Mar

Velaquí vos deixo unhas fotos do mago rianxeiro Alan Golias. Un rapaz moi novo, pero cun gran talento e que non deixa de sorprender nos seus espectáculos.

A matanza do porco

17 Xan

Subo aquí este documento para que se vexa como é unha matanza, non tan tradicional, pero si como se realiza hoxe en día nunha casa. As imaxes poden ferir a sensilidade, así que se non es maior de idade ou cres que che poden afectar, por favor, non entres.

Seguir lendo

Festas do Araño 2010

6 Set

Este ano no Araño non houbo festa entendida no sentido lúdico, con verbena e orquestras pola noite ata as tantas da madrugada. Non obstante, non faltou a romaría do domingo:

Velaquí podemos ver ao cura, don Manuel, á dereita, durante a procesión:

Tampouco faltou o camión que trae sandias e melóns:

Nin o bar cheo de xente, que aproveita ata o último minuto antes de ir comer á casa:

Campelo dende as alturas

12 Abr

Subindo ao Pico Muralla, con Campelo abaixo.

O Pazo dos Calotes do Araño

12 Feb

É un dos emblemas arquitectónicas da parroquia do Araño, e ata hai ben pouco daba pena ver esta inmensa edificación cuberta polas hedras e practicamente derrubada. Dende hai moitos meses está a sufrir un lavado de cara para adicar o espazo (tanto o pazo coma a capela que ten ao lado) a temas de turismo e restauración. E aínda que o resultado desta reforma non é tan bonito como a moitos nos gustaría (sobre todo polo adosado que ten o pazo detrás), mellor así que en ruinas.

Capela do Pazo dos Calotes

Capela do Pazo dos Calotes

Capela do Pazo dos Calotes

Pazo dos Calotes

Pazo dos Calotes

Pazo dos Calotes

O cabalo, o pantalón curto e as pistolas

6 Out

O cabalo, o pantalón curto e as pistolas

Sempre era unha grande ocasión hai anos poder sacarse unha foto. Desta vez o meu tío Che, o seu curmán Moncho e o meu outro tío Jaime fan as veces de vaqueiros. Só faltaban os indios.

A bici, o traxe e o palleiro

4 Out

A bici, o traxe e o palleiro

Os meus tíos Che e Jaime posan vestidos de domingo e fachendeando de bicicleta nova.

Muíño de vento

9 Xuñ

Como ben sabedes, o monte do Araño está chegos de xigantes flores brancas, que en lugar de moverse co sol buscan o vento e desfrutan con el movéndose sen parar.