Archive by Author

Por que levar un neno a un dos colexios rurais de Rianxo?

7 Xul

No noso concello, as escolas de Cuvide, do Cruceiro, de Outeiro, da Capela, do Pazo, de Rañó, de Abuín e de Quintáns, forman parte dos Colexios Rurais Agrupados de Rianxo. A ANPA Irmáns Insua que aglutina estes colexios, lanzou un vídeo co de “animar as familias a matricular os seus fillos nas escolas do CRA, xa que algunhas debido, á baixa matriculación teñen o risco de pechar. Algo que sería unha pena”.

Hai que lembrar que lembrar que no 2013 pechou a da Vacariza, antes pechou a de Buía e hai unhas semanas coñeciamos a triste noticia do peche de varias escolas en Galicia, algunhas delas con moitos nenos.

Nesta ocasión as nais e pais cóntannos que tal a súa experiencia nestas escolas, que nada teñen que envexar a outras grandes.

Fotos das alfombras do Corpus Christi 2017 en Rianxo

18 Xuñ

De novo foi un pracer poder pasear polas rúas de Rianxo e contemplar as alfombras que con tanto cariño e tanto esforzo fixeron moitos veciños da localidade. O noso recoñecemento e gratitude a todas esas mulleres, homes e cativos que estiveron toda a noita traballando para que o día do Corpus Christi en Rianxo sexa tan especial.

Seguir lendo

Cales son os hórreos máis longos de Galicia

3 Xuñ

O programa “Medias verdades” da TVG analiza que hai de verdade ou de media verdade niso de que o hórreo de Carnota é o máis longo do mundo. O resultado xa o sabiamos os de Rianxo, que contamos con dúas graneiras entre as máis grandes da comunidade: a do Araño e a de Rianxiño. Pincha na imaxe para ir ao vídeo.

A noite na que a Santa Compaña regresa aos montes de Rianxo

28 Mai

Esta pasada madrugada, entre o 27 e o 28 de maio, os montes de Rianxo enchéronse de luces. Ao lonxe, semellaba que as ducias e ducias de puntos luminosos que se estiraban e serpenteaban os carreiros formaban unha procesión de almas. A mesmísima Santa Compaña, que regresaba para guiar a vivos e defuntos ao máis alá.

Seguir lendo

A parroquia de Asados, no programa Grandes Lugares da TVG

22 Mai

Os veciños de Asados foron protagonistas do programa Grandes Lugares emitido na TVG. Puidemos coñecer o taller de memoria que se realiza na antiga escola rural, a Josefa, a peixeira, á afición do Unión, aos de Airiños, ás rapazas da Comunidade de Montes, ao club de moteiros Jas a Tope… Pincha na imaxe para ver o vídeo completo

Fotos da procesión do Santo Enterro en Rianxo

16 Abr

O Venres Santo ás 22.00 horas tiña lugar, dentro da Semana Santa rianxeira, o Santo Enterro. Velaquí as imaxes dese momento.

Seguir lendo

O Desencravo na Semana Santa de Rianxo 2017

16 Abr

Aquí podedes ver as imaxes do Desencravo, realizado o Venres Santo na Semana Santa rianxeira de 2017.

Seguir lendo

Comezo da procesión do Santo Enterro en Rianxo (2017)

15 Abr

Velaquí tedes a saída da igrexa da procesión do Santo Enterro na Semana Santa de Rianxo.

O Xadrez Rianxo logra o ascenso á División de Honra

10 Abr

Magnífica noticia a que nos fan chegar dende o Club Xadrez Rianxo, xa que conseguiron “o ansiado ascenso” á División de Honra. Fixérono gañando con autoridade a Liga de Primeira División, polo que dese xeito a xornada “pasará a ocupar un lugar de privilexio na história do noso Club”, como indican nunha nota de prensa que nos enviaron.

Seguir lendo

Programa da Semana Santa 2017 en Rianxo

9 Abr

Un ano máis a Irmandade da Paixón de Cristo organiza a Semana Santa de Rianxo. Como se pode ver no programa, non se inicia co Domingo de Ramos, senón que xa durante marzo e durante esta semana houbo diferentes actos e misas.

Non obstante, dúas das xornadas máis importantes serán o 13 e o 14 de abril, co Santo Encontro, o Desencravo e a procesión do Santo Enterro.