Archive by Author

Como non usar as redes sociais

10 Feb

Hai tempo publiquei un post sobre como usan os políticos rianxeiros as redes sociais. Salvo cousas mellorables creo que en xeral se avanzou (agás no caso do PSOE de Rianxo, que non fai nada).

Pero ben, hoxe tócame comentar un exemplo do que (ao meu entender, porque todo é subxectivo) non é adecuado. Creo que os políticos deberan actuar sempre con respecto e que as redes sociais se deben usar para para fomentar a participación da cidadanía, para que nos conten o que pasa nos plenos de Rianxo, para que se fiscalice tamén o que acontece no Concello, para que se reciban as ideas e as queixas dos veciños, etc., pero non para isto 😦

Xogo: onde está esta casa?

7 Feb

Hoxe poño un post para ver se descubrides onde está esta curiosa casa. Loxicamente, está en Rianxo.


Cruceiro da Praciña (Rianxo)

1 Feb

Velaquí unha foto do cruceiro da Praciña, en Rianxo.

Navallas

29 Xan

Unha serie de fotos que fixen en Taragoña collendo navallas ou longueiróns (o certo é non sei moi ben cal é a diferenza).

Porto de Taragoña

28 Xan

Unha imaxe do porto de Taragoña ameazando tormenta no ceo.

O cruceiro das Tres Cruces

25 Xan

Aínda que xunto á estrada hai un cartel indicador que sinale que se trata do “Cruceiro das Trece Cruces” cremos que é un erro. Mirando noutras referencias en internet atopamos o nome do “Cruceiro das Tres Cruces”, que realmente se adapta máis a este conxunto. ACTUALIZACIÓN: como nos explica 6ferrados, na web do Concello explícase que o lugar onde está o cruceiro é o Cabo de Trececruces, de aí o seu nome.

Solpor en Rianxo

23 Xan

Panorámica do solpor en Rianxo con Boiro e a Ría de Arousa ao fondo. Podes clicar na imaxe para vela en grande.

Cristo sen pernas en Asados

15 Xan

En Asados podemos atopar este cruceiro antigo no que ao Cristo lle faltan as pernas. Unha mágoa, a verdade, que non chegase intacto ao día de hoxe.

Cruceiro xunto ao Goio

5 Xan

No lugar de Miráns (parroquia de Araño), a carón do río Té hai un lugar moi coñecido para irse bañar no verán, o Goio. Antigamente o lugar acollía unha especie de mercado de gando. Alí podemos atopar este cruceiro.

O blog en datos durante o 2011

2 Xan

Por se lle queredes botar un ollo ás estatísticas deste blog durante o ano pasado 🙂

https://fotosderianxo.com/2011/annual-report