Onte pola mañá convocamos a quen se animase a participar nunha andaina duns 11 quilómetros, os que unen a Ponte de Té, en Taragoña, co Pozo Bastón, no Araño. E a verdade é que a experiencia non puido resultar mellor, xa que ao percorrido fomos unhas 42 persoas, ás que se uníu outra media ducia na Ferrería. Velaquí un pequeno resumo rápido de como foi a mañá.
Noites de Jazz 2015 (mércores)
30 XulUnha noite mais, e imos pola terceira, achegámonos ó auditorio rianxeiro a disfrutar de boa música, e desta vez a cargo do Combo de Jazz da Escola de Música de Rianxo.
Baixo a dirección do mestre Alfredo Susavila, o Combo ofreceunos duas horas de repertorio musical.
Deixámovos unhas cantas fotos dos integrantes dirixidos por Alfredo que son os seguintes:
Trompetas: Roberto
Sax. Alto: Amaro
Sax. Tenores: Valentín e Germán
Trombón: Ismael
Piano: Israel
Guitarra: Luis
Contrabaixo: Pachi
Batería: Antón
Velaí o transcorrer do concerto.
Hoxe pola noite proseguirán as veladas de Jazz, desta vez da man de David Regueiro Swingtet (ó abeiro do programa, III Ciclo Cultura no Camiño promovido polo AGADIC- Xunta de Galicia), que coma sempre se tentará levar á praza de Rafael Dieste, pero se ameaza choiva se trasladará ó auditorio rianxeiro.
Noites de Jazz 2015 (martes)
29 XulSeguindo coa programación das Noites de Jazz, onte pola noite tocoulle o turno ó Combo Next Generation da Estudio Escola de Música.
Noites de Jazz 2015 (luns)
28 XulImpresionante o comezo das Noites de Jazz 2015 coa Orquestra Xuvenil da Estudio Escola de Música, dirixida polo mestre José Nine Ces, que a ritmo de blues, funky e rock fixeron desfrutar ó numeroso público que se xuntou na praza de Rafael Dieste para ver o concerto.
Programación da fin de semana (18-19 de xullo de 2015)
18 XulContinúan as programacións dentro deste xullo quentiño e deixámovos o que hoxe poderemos desfrutar en Rianxo.
Procesión do San Cristovo 2015
11 XulHoxe, 11 de xullo, celebrouse a tradicional procesión de coches engalanados para honrar ó San Cristovo. Coma sempre e despois da misa da unha, unha boa morea de coches, motos e camións xuntáronse onda a capela de San Bartolomeu, e despois da misa dou comezo o percorrido polo concello. Seguir lendo
O veleiro Joaquín Vieta en Rianxo
6 XulDende o 30 de xuño e ata o 5 de xullo estivo en Rianxo o historico veleiro Joaquín Vieta para uso e desfrute de quen quixera dar un pequeno paseo pola ría de Arousa. Nós non quixemos perder a oportunidade e embarcamos o venres nesta singular singradura que só poidemos desfrutar polo interior da ría, debido ó mar picado que tivemos esa tarde.
Entrevista a Óscar Reboiras
1 XulOnce da mañá do domingo despois da romaría de San Pedro. Aproxímome ó Toffe, onde quedei con Óscar para comezar a mañá. Vese que está algo impaciente, pois xa ten o zume de pexego a medias e normalmente é el quen chega tarde (eu son máis puntual….).
Pido un café con leite con xeo para coller forzas e logo de falar un par de cousiñas para ir tranquilizando ó xefe. Decidimos facer a entrevista na contorna do muíño da Laxe, en plena ruta do río Té.
Preguntas a Óscar Reboiras
16 XuñNo blog estamos a piques de cumprir o soño das 300.000 visitas e, por esa razón, temos preparada unha pequena emboscada a Óscar Reboiras, alma máter deste blog, que comezou a súa andadura alá polo ano 2009.
Para esta ocasión queremos que nos enviedes preguntas para Óscar ao seguinte enderezo de correo electrónico:
preguntasaoscar@gmail.com
e en canto as responda, poñerémolas nun post.
Non nos queda máis que darvos infinitas grazas por seguirnos cada día, neste noso pequeno recunho de información, fotografías, entrevistas, reportaxes… que tanto nos fai desfrutar.
Agardamos as vosas preguntas.
Un saúdo e moitísimas grazas a tod@s!!!
I Slalom Concello de Rianxo
15 XuñNo día de onte disputouse no polígono de Té o I Slalom Concello de Rianxo, organizado pola Escudería Rallyactividad. Durante todo o día, un total de 29 coches deixaron as rodas e esforzáronse ao máximo por entreter ó numeroso público que se pasou a ver esta proba, demostrando a súa pericia ao volante. Durante a mañá foron as tandas de adestramentos e, xa pola tarde, a partir das 15:00 horas, tiveron lugar as dúaas tandas clasificatorias. Deixámovos unhas cantas fotos das tandas da tarde, agradecendo unha vez máis á organización o seu traballo e facilidades.



























