Archive by Author

Corpus 2015

8 Xuñ

_MG_0113

Un ano máis, as rúaas de Rianxo víronse engalanadas coas tradicionais alfombras florais para celebrar o día de Corpus.

Aquí vos deixamos unhas poucas imaxes do que poidemos desfrutar nun día solleiro e no que en Rianxo non collía unha alma.

Seguir lendo

Fotos do III Torneo Memorial Abel (EBO)

3 Xuñ

Os días 29, 30 e 31 de maio, celebrouse no campo do Unión de Asados o III Torneo Memorial Abel (EBO). O nivel do torneo ano a ano supérase, xa que nesta edicións, ademais de moitos equipos da comarca e de zonas próximas, viñeron os equipos do Oporto, do Celta de Vigo, do Deportivo ou  Bilbao.

Seguir lendo

Fotos e crónica da XVI Subida ao Castro Barbudo 2015

27 Mai

Saida patrocinadores blog (1 de 1)

O pasado sábado 23 de maio celebrouse a décimosexta edición da Subida Ao Castro Barbudo organizada pola Peña Cicloturística Castro Barbudo de Taragoña.

Seguir lendo

“Tronzar Os Valos”, de Sés, no auditorio rianxeiro

4 Mai
_MG_3349

Portada do disco, moi ilustrativo sobre o carácter artístico e o contido musical do novo traballo, o 3º disco de estudo da artista bergantiñana Sés (María Xosé Silvar, nada na Coruña en 1983)

Crónica e fotos de Carlos Bastos. Esta longa fin de semana vivíronse varios actos culturais en Rianxo. O venres, solapáronse o Desfile da Pasarela do Castelo da Lúa organizado pola ARE no pavillón polideportivo, e a presentación do disco da artista Sés no auditorio.

Seguir lendo

Fotos da Pasarela Castelo da Lúa 2015

2 Mai

_MG_4744

Onte pola noite celebrouse unha nova edición da pasarela Castelo da Lúa no pavillón polideportivo de Rianxo. O evento estivo organizado pola Asociación Rianxeira de Empresarios, coa colaboración do Concello de Rianxo.

Nun recinto ateigado ata a bandeira, puoidemos desfrutar dos pases ofrecidos polas distintas empresas de roupa, calzado, ópticas e complementos d@s socios da ARE.

Seguir lendo

Salvemos o xeito

28 Abr

_MG_4690

Esta fin de semana pasada tivemos a oportunidade de desfrutar de novo counha nova entrega do Teatro Express, interpretado polo Teatro Airiños de Asados, baixo unha idea da Área de Educación e Normalización Lingüística do concello de Rianxo.

Seguir lendo

Concerto “A Música da Belle Epoque”

30 Mar

_MG_3498

Dende o sábado 28 podemos visitar no primeiro andar do auditorio rianxeiro a expo do fondo musical de Rianxo. A inauguración da expo estivo presidida polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, a presidenta da UNED Galiza, Susana Blanco Miguelez e por José Luís do Pico Orjais. Ademais, contouse con moita xente que se achegou a ver tan singular material que se expón por primeira vez na localidade.

Seguir lendo

A Música de Rianxo na Belle Epoque

27 Mar

concerto

O vindeiro sábado 28 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto histórico A Música de Rianxo na Belle Epoque.

Seguir lendo

Colocación dun monolito nas illas Malveiras en homenaxe a Manuel Antonio

23 Mar

_MG_3035

O pasado sábado 20 de marzo, e dende o concello de Rianxo procedeuse á colocación dun monolito nas illas Malveiras en homenaxe ó escritor Manuel Antonio. Acto enmarcábase dentro das xornadas “De Catro a Catro, catro singladuras en homenaxe a Manuel Antonio” que se están a levar a cabo durante este mes de marzo.

Seguir lendo

Eclipse de sol 2015

20 Mar

_MG_3002

Hoxe, 20 de marzo do 2015, produciuse un feito que vai tardar 25 anos en repetirse. Trátase dun eclipse solar total e que dende Rianxo se puido observar con moi boa claridade, aínda que, para a nosa desgraza, aquí non foi total, aínda que case.

A continuación deixamos a secuencia de fotos de todo o eclipse  que fomos fotografar á estrada que sube á Muralla.

Seguir lendo