Velaquí un dos momentos máis divertidos da Guadalupe, a festa da escuma que se fai sempre o último día antes da seisón vermú na praza de Castelao.
Festas da Guadalupe 2013: Rianxolandia
28 Set
De novo, o último día da Guadalupe, o venres, foi festivo local. Os cativos non tiveron escola, polo que puideron desfrutar un montón de todas as actividades e xogos de Rianxolandia.
Festas da Guadalupe 2013: o Rianxo on Fire ‘13
25 SetO luns 16 celebrouse por primeira vez en Rianxo un festival de música alternativo, o Rianxo on Fire. Viñeron un feixe de grupos, con distintos estilos e mesmo DJs. Eu teño que dicir que fun nun momento pola tarde e noutra de noite (xa sen cámara). Pola tarde case todo o mundo estaba preto do polideportivo, coas Juadalupeñas, polo que foi unha pena que coincidiran dous eventos ao mesmo tempo, xa que isto de seguro que lle restou público. E pola noite teño que dicir que facía un frío na praza da Guadalupe que metía medo.
Festas da Guadalupe 2013: o feirón mariñeiro
22 SetDe novo, un dos momentos máis agardados polos rianxeiros foi o do feirón mariñeiro, no que cada vez nos involucramos máis. Só hai que ver a xente que vai ataviada de época polas rúas. E, de novo, a cantidade de persoas que van cos amigos, a gaita ou un tambor e amenizan con música a xornada.
Festas da Guadalupe 2013: os fogos de artificio
22 SetComo cada domingo de festa, á medianoite todas as luces da Ribeira apagáronse para que puidésemos desfrutar das cores, formas e brillos que nos brindan os fogos de artificio. Velaquí un pequeno resumo do que foi o espectáculo pirotécnico.
Fotos da Guadalupe 2013: danzas o domingo pola tarde
20 SetO domingo pola tarde, na praza de Rafael Dieste tivemos ocasión de ver actuar a Vai de Roda e a dous grupos convidados por este: Taranvainas (Vigo) e Rancho Folclórico de Rebordoes, Santo Tirso (Portugal). Velaquí algunhas fotiñas sacadas por Xoán Antón Castro durante o acto, do que desfrutaron centos de rianxeiros:
Festas da Guadalupe 2013: a procesión
16 SetVelaquí a máis completa reportaxe fotográfica do que foi a procesión da Guadalupe en Rianxo neste 2013. Un traballo conxunto entre Xoán Antón Castro e Óscar Reboiras.
De novo, o tempo non puido ser mellor e, a pesar de que coincidía co Nazareno na Pobra, miles de persoas acompañaron a Virxe moreniña. Aínda que antes tocoulle o turno á misa no Campo de Arriba, oficiada polo padre Santiago Agrelo.
Festas da Guadalupe 2013: o Rock in Rian
16 SetDe novo, un gran traballo da Comisión de Juadalupeñas, que trouxo a Rianxo a Medomedá, á Compañía do Ruído, Terbutalina e Sonoro Maxín. En total, 7 horas de boa música nun gran festival. Velaquí unhas poucas fotos.
Festas da Guadalupe 2013: o chupitaso
14 SetNeste 2013 tivemos un pregoeiro de excepción: o actor e monologuista Carlos Blanco. Nada máis comezar xa dixo que lle comentaran que o ía ter complicado, que era difícil iso de dar o pregón en Rianxo. Así e todo, comentou que como “o currara”, pois que o ía ler.









