Velaquí unha serie de fotos cedidas por Manuel Franco na que podemos apreciar, non hai tantos anos, como era antes a praia de Tanxil, co antigo dique e coa virxe da Guadalupe esculpida por Asorey viaxiando:

Fotos para a nostalxia: a praia de Tanxil
12 AbrFotos antigas da Capela da Guadalupe
15 MarVelaquí un par de fotos antigas que nos cedeu Manuel Franco e que son de Luis Noya. Nelas podesmo ver a capela sen ningún tipo de balaustrada, só coas escaleiras para subir. Tamén podemos ver a entrada a Rianxo dende Rinlo, coa estrad sen asfaltar e sen beirarrúas. E incluso observamos que está o cartel da antiga farmacia.
Andrea A Xouba, Herminda e Carmen a Montañesa
27 OutImos hoxe con dúas fotos que nos pasa Loli Yáñez (Acuarela Rianxo) que datan máis ou menos do ano 1955.
Na primeira delas aparece a avoa de Loli, Andrea a Xouba acompañada por Herminda con cinco grandes panelas do peixe.
Na segunda fotografía que nos cede Loli, podemos ver de novo a Andrea a Xouba, desta vez acompañada por Carmen a Montañesa, tamén coas panelas e podemos localizalas na rúa que une as rúas do Medio coa de Abaixo en Rianxo.
Moitísimas grazas Loli Yáñez por agasallarnos con estas dúas fermosas fotos.
Historia de Rianxo
12 FebHISTORIA DE RIANXO, así se chama unha nova páxina que dende o 7 de febreiro está a colgar fotos antigas da vila.
Coma esta do dique, cando aínda tiña auga e a súa Virxe da Guadalupe no alto, e dende onde os rapaces de Rianxo, aínda non hai moitos anos, se atrevían a tirarse dende aló enriba.
Ou estoutra, que amosa a tal cantidade de barcos que había amarrados no paseo da Ribeira, cargadiños de sacos de berberechos!!!
Démolle a benvida a esta páxina e augurémolle moitas, moitas visitas e boas lembranzas para @s rianxeiros e os que non son do Concello tamén.
Corte ou casa?
3 OutAínda que parece mentira, isto non é unha corte ou un cortello, senón que era a vivenda de dúas persoas:
Grazas a Rabunho Rexeita descubrín que aquí vivía unha señora chamada Urbana e o seu fillo Chucho. No Araño coméntase que Urbana era unha persoa moi rica, que tiña moitos cartos (ata o punto de que incluso usaba billetes para acender os pitillos, aínda que como toda historia, pode ser inventada e máis propia dunha película). O caso é que tiña un gran problema: o alcol. Bebía moito. Ata tal punto era a súa dependencia que non facía máis que malvender as propiedades. Coméntase tamén que nunha aposta perdeu a súa fermosa casa nas Miráns e acabou xunto ao seu fillo nesta pequena vivenda que, como vedes, só ten unha porta e unha fiestra.
O caso é que o fillo, criado nese ambiente, tamén era unha persoa moi dependente do alcol e incluso podía ter algún problema psiquiátrico, pero era xente moi apreciada polos veciños. De feito, entre todos xuntáronse, reuniron material de construción e fixéronlle esta pequena vivenda nos Outeiriños:
Coméntase que cando os veciños entraron na outra vivenda para a mudanza, dentro había excrementos, polo que as condicións nas que vivían non eran as máis adecuadas.
Eu teño que dicir que de Urbana non me acordo, pero de Chucho si. De feito, precisamente grazas a Rabunho Rexeita descubrín unha foto del, que chega a nós grazas ao traballo que comezaron Miguel Somoza Rodríguez e Suso Santos Rodríguez e que pode verse nesta páxina.
Fotos antigas de Rianxo: reunións, festas, celebracións
2 SetDe novo, o noso agradecemento público a Rafael Caamaño, de Disteva, pola súa xenerosidade á hora de facernos chegar estas imaxes. Como vedes, hai fotografías antigas de Rianxo de xuntanzas entre amigos, actos sociais, vodas, do entroido…
Fotos antigas de Rianxo de procesións e actos relixiosos
20 AgoQueremos agradecer publicamente a Rafael Caamaño, de Disteva, por facernos chegar estas fabulosas fotografías antigas do noso Concello que son un gran documento histórico e social:
Como era a praia de Tanxil?
18 AgoGrazas ao magnífico traballo de Suso Santos Rodríguez e de Miguel Somoza Rodríguez, que comezaron escaeando e recompilando fotos antigas, hoxe podemos ter imaxes para a lembranza coma esta. Como vedes, a praia de Tanxil pouco se parece a de hoxe en día e mesmo se pode apreciar o dique que hoxe en día está cuberto de area.














