O domingo pasado, o programa da TVG “Ribeira de salitre” estivo dedicado ao noso concello. Contou coa actuación das pandereteiras “Teidexal”, mentres que entrevistan ás mariscadoras Carmen Triñanes, Arancha Abuín e Carmen Ordóñez. Tamén falaron co bateeiro Ramón Vicente, con Eva Lesende, traballadora dunha das conserveiras de Rianxo e con Miguel Ángel Iglesias, Patrón Maior.
Venres Santo en Rianxo 2016: santo encontro, desencravo e santo enterro
27 MarO Venres Santo a verdade é que o tempo non acompañou, polo que os actos máis destacados non se puideron celebrar polas rúas de Rianxo, senón dentro do tempo. Comezamos coas imaxes do Santo Encontro. Todas as fotos, de novo, foron facilitadas pola Irmandade da Paixón de Cristo, a quen lles agradecemos a súa xenerosidade.
Xoves Santo en Rianxo 2016
26 MarDe novo, agradecerlles á Irmandade da Paixón de Cristo que nos permitisen difundir as súas fotos.
Semana Santa 2016 en Rianxo
22 MarA Semana Santa 2016 de Rianxo comezou xa hai uns días, pero os principais actos van ter lugar esta semana. Mañá haberá vía crucis, o xoves pola noite procesión, mentres que o Venres Santo terá lugar o Santo Encontro, o Desencravo e o Santo Enterro.

Obradoiro gratuíto sobre paisaxe en Rianxo
13 Mar
Rianxo vai ser a primeira localidade en acoller un abradoiro do Instituto de Estudos do Territorio. Pode inscribirse calquera veciño e alí poderanse expresar as ideas ou opinións relativos a temas de calidade paisaxística, medidas de protección, planificación e xestión da paisaxe.
Vistas da nosa localidade dende o Castro Barbudo
12 MarVistas da parroquia de Taragoña, Rianxo e Asados dende o Castro Barbudo neste vídeo en timelapse:
Solpor no porto de Rianxo
4 MarVelaquí un vídeo en timelapse dende o porto de Rianxo, co sol poñéndose na Serra do Barbanza.
Fotos e crónica da IV BTT Concello de Rianxo
25 Feb
Sabemos que hai moita xente impaciente por esta entrada coas fotos e a crónica da cuarta edición da BTT Concello de Rianxo, que ademais este ano, como novidade, tamén foi andaina. E aquí a tedes. Faltan algunhas fotos por saír do forno, pero xa temos listas máis de 2.750 imaxes, polo que tedes para buscarvos e buscarvos.
Entroido no colexio de Asados e no de Rianxo
5 FebHoxe foi un día grande en moitas escolas, xa que despois de semanas de traballos os rapaces puideron desfilar lucindo os seus mellores disfraces. Velaquí os de Asados e de Rianxo.
























