
A próxima semana, o domingo 1 de outubro, en Rianxo celébrase a I andaina de 25 km do Barbanza. Conta coa organización do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés e iníciase ás 9 da mañá de Campo Maneiro.

Este domingo, 24 de setembro, a Asociación de Veciños do Araño celebrará a súa tradicional andaina ao Pozo Bastón. É gratuíta, non necesita apuntarse e sae ás 9 da mañá do hórreo do Araño.
Un dos momentos máis divertidos das festas vívese o venres ao mediodía. Ás 13.00 horas, nenos e non tan nenos xúntanse na praza para desfrutar da festa da escuma.
O venres foi o día dos máis cativos, onde puideron saltar, correr e desfrutar de inchables e demais xogos de Rianxolandia.
Tiñamos pendente publicar os vídeos da Rianxeira popular, que como todos os anos se toca durante o feirón mariñeiro.
Un ano máis, case sen darnos conta, pasaron os oito días das Festas da Guadalupe. E coma sempre, despedímolas por todo o alto coa noite máis máxica do ano. Esa na que a Rianxeira, o chamado segundo himno de Galicia, é coreado por miles de voces baixo o brillo de milleiros de bengalas.
A pesar da previsión de chuvia pola mañá, o día do feirón mariñeiro espertou cun sol marabilloso que fixo que os rianxeiros puideran desfrutar dunha gran xornada na rúa.
Os máis pequenos puideron desfrutar dos xogos e xoguetes da era pre-internet e pre-electricidade no marco das festas da Guadalupe.
Cada ano, o clube cicloturista Castro Barbudo organiza dentro das Festas da Guadalupe unha marcha cicloturista. A idea é que pais e fillos desfruten dunhas horas en bicicleta.