Bo Nadal e feliz 2016!

24 Dec

De parte de Xoán e de Óscar, dos que compoñemos fotosderianxo.com, queremos desexarvos unhas moi felices festas. Que o 2016 veña cargado de boas noticias que contar, de fotos estupendas e de grandes momentos para poder compartir con vós. Unha aperta!

Fotos antigas

23 Dec

Velaquí unha serie de fotografías antigas relacionadas con Rianxo.

15-11-2009 11-18-57_0360

16-11-2009 18-20-25_0373

16-11-2009 18-21-58_0374

Resultados globais das eleccións xerais 2015 en Rianxo

21 Dec

participacion

Aínda que durante todo o día a participación estaba a ser menor que nos comicios de 2011, a xente vese que decidíu votar pola tarde, xa que a participación foi un punto superior á de hai catro anos. Votaron 7.024 rianxeiros, o que supón o 72,97% dos chamados a poder elixir representante.

resultados

En canto aos votos, o partido con máis papeletas foi o PP, con 2.227 sufraxios (32,12). A continuación quedou En Marea (Podemos, Anova e EU) con 1.875 votos (27,1%), o PSOE con 1.536 votos (22,2%) e Nós Candidatura Popular con 664 votos (96%). Ciudadanos tivo 432 papeletas (6,24%).

Podedes ver o detalle das mesas aquí, xa que é curioso ver como na vila de Rianxo e nunha mesa de Taragoña o que tivo máis votos foi En Marea, mentres que no resto de caso foi o Partido Popular o que tivo máis apoios.

Resultados das eleccións xerais 2015 en Rianxo

20 Dec

Resultados das mesas electorais ao Congreso:

Rianxo. Distrito 1, sección 1, mesa A:
En Marea: 164
PP: 122
PSOE: 122
Nós Candidatura Popular: 70
Ciudadanos: 53
Pacma: 2
Solidaridad y Autogestión: 1
Com. de Galicia: 1

Rianxo. Distrito 1, sección 1, mesa B:
En Marea: 195
PP: 173
PSOE: 151
Nós Candidatura Popular: 63
Ciudadanos: 43
Pacma: 2
UPyd: 1
PT: 1
Solidaridad y Autogestión: 1
Com. de Galicia: 1

Rianxo. Distrito 1, sección 3, mesa A:
En Marea: 115
PP: 113
PSOE: 74
Nós Candidatura Popular: 35
Ciudadanos: 20
Pacma: 3
UPyd: 1
PT: 1
Solidaridad y Autogestión: 1
Com. de Galicia: 3

Rianxo. Distrito 1, sección 2, mesa A:
En Marea: 106
PP: 102
PSOE: 42
Nós Candidatura Popular: 70
Ciudadanos: 42
Pacma: 4
Solidaridad y Autogestión: 1
UPyD: 1
Recortes cero: 1
Comunistas da Galiza: 2

Rianxo. Distrito 1, sección 2, mesa B:
En Marea: 92
PP: 129
PSOE: 89
Nós Candidatura Popular: 44
Ciudadanos: 31
Pacma: 5
Solidaridad y Autogestión: 1
UPyD: 2
Recortes cero: 1
Comunistas da Galiza: 5

Taragoña. Mesa A:
En Marea: 140
PP: 139
PSOE: 88
Nós Candidatura Popular: 23
Ciudadanos: 15
UPyD: 6
Pacma: 4
PT: 1
Comunistas da Galiza: 1

Taragoña. Mesa B:
PP: 117
En Marea: 110
PSOE:86
Nós Candidatura Popular: 18
Ciudadanos: 26
UPyD: 6
Pacma: 2
PT: 2
Comunistas da Galiza: 1

Araño. Mesa A:
PP: 161
En Marea: 115
PSOE: 103
Nós Candidatura Popular: 35
Ciudadanos: 28
Pacma: 3
Recortes cero: 1
PT: 1

Araño. Mesa B:
PP: 115
PSOE: 99
En Marea: 98
Nós Candidatura Popular: 32
Ciudadanos: 21
Pacma: 3
UPyD: 2
Comunistas da Galiza: 2
PT: 1


Asados. Mesa B:

PP: 137
En Marea: 117
PSOE: 93
Nós Candidatura Popular: 60
Ciudadanos: 18
Pacma: 3
Com. de Galicia: 2
UPyD: 1
PT: 1

Leiro:

PP: 206
Marea: 159
PSOE: 132
Nós Candidatura Popular: 63
Ciudadanos: 30
Recortes cero: 3
VOX: 3
Com. de Galiza: 1

Isorna:
PP: 213
PSOE: 72
En Marea: 59
Nós Candidatura Popular: 25
Ciudadanos: 22
UPyD: 2
Pacma: 1

Actualización 19:05h: A porcentaxe de participación segue a ser menor que á de hai catro anos. No segundo avance ofrecido polo Ministerio de Interior, os datos indican que votaron 5.674 rianxeiro (58,94%), fronte aos 5.947 veciños (60,27%) das eleccións xerais do 2011. Isto contrasta cos datos a nivel estatal, onde a participación é algo superior aos anteriores comicios.

Actualización 17:42h: De momento menor participación que nas anteriores eleccións. No primeiro avance, votaron 3.216 rianxeiros, o 33,41% dos chamados a votar. Unha participación un punto menor á de 2011, o que se traduce en 200 votos menos polo de agora. Á mesma hora das anteriores xerais, votaran 3.415 veciños (34,61%).

Hoxe iremos dando conta do que se vota en Rianxo nestas eleccións ao Parlamento e ao Senado estatais. O voto varía segundo o tipo de eleccións, xa que a xente non vota igual nunhas xerais, que nunhas autonómicas ou unhas municipais.

De feito, aínda que xeralmente se di que Rianxo é de esquerdas polos gobernos locais que tivo (BNG e antes PSOE), nas últimas eleccións para escoller presidente do Goberno, no noso concello o partido con máis votos foi o PP:


Pola contra, no ano 2008 (cando saíu elixido Zapatero), os socialistas foron a formación con máis papeletas:

Mentres, o BNG mantivo a liña de terceiro partido máis votodo, con con 1.400 sufraxios. Este ano cremos que terá menos, debido á chegada de “En Marea” (onde se agrupa Anova, EU e Podemos), e tamén a que hai outros novos partidos emerxentes como Ciudadanos. Aínda que este feito afectará a todos os partidos, en canto que o voto estará máis repartido e suponse que non haberá maiorías absolutas, deixando os escanos do Parlamento moi repartidos.

 

O 4G pode ocasionar interferencias na televisión en Rianxo

20 Dec

Antena

Hai tempo, de seguro que vos lembrades, tivo lugar o apagón analóxico. O primeiro que notamos todos foi que as nosas antigas televisións de tubo non servían e había que mercar un adaptador TDT para ver as canles. Ou iso ou pasarnos ás modernas teles de plasma.

Seguir lendo

Decoración artesanal en Rianxo polo Nadal

16 Dec

FB_IMG_1448999959209

Unha vez máis, e por segundo ano consecutivo, as rúas e edificios públicos de Rianxo vense engalanados por decoración navideña artesanal.

Seguir lendo

As cores do outono en Rianxo

11 Dec

Habitualmente pensamos nesta época como meses fríos e grises. Pero realmente os matices e as cores desta estación con únicos. Nos montes de Rianxo pensamos habitualmente en piñeiros e en eucaliptos, que son de folla perenne, e están verdes todo o ano. Pero hai grande abundancia de carballos e cada vez temos máis castiñeiros, sobre todo á beira do río Te. Velaquí algunhas estampas do outono no noso concello.

Outono Rianxo 002

Seguir lendo

Canto cobra un concelleiro en Rianxo?

27 Nov

Esta semana, Xusto Xosé Ordóñez Figueira, terceiro tenente de alcalde de Rianxo e concelleiro de Deportes e Patrimonio Histórico sorprendíamos ao publicar as súas nóminas. Fíxoo na súa páxina Rabunho Rexeita, para que así puidésemos coñecer de primeira man canto cobra polo seu traballo no Concello.

Seguir lendo

O peirán de Quintáns

21 Nov

quintans

Velaquí o peirán de Quintáns, en Isorna. Non só é fermoso dende o aire, senón dende terra. Podes chegar por unha pista estreita que remata nun fermoso cruceiro e unhas vistas espectaculares do río Ulla.

Outono no colexio Castelao

13 Nov

IMG-20151112-WA0004

O pasado xoves 12 de outubro pola tarde houbo xornada de portas abertas no CEIP Castelao de Rianxo. O motivo? Poder observar e desfrutar das composicións outonais que @s  cativ@s do cole (axudados polas nais e pais) fixeron nas súas casas e logo dispuxeron nos corredores para que os puidéramos ver.

Seguir lendo