Festival Antrospinos 2015

20 Xul

Este ano celébrase a oitava edición do Festival Antrospinos. E como eles mesmos indican, nesta ocasión “volvemos ás raíces”, polo que “o Antrospinos orixinal renace en formato romaría e con concertos en familia”. Por esa razón animan a todo o mundo a “brindar polos vellos tempos”.

A festa comezará o venres, no Curral do Marqués de Taragoña. E seguirá o sábado 25 de xullo en Campo Maneiro. Ademais da tradicional matraquillada despois de comer, contarán pola noite con varios grupos e DJ.

Curso da Universidade da Coruña sobre rehabilitación e exposición sobre António Menéres

20 Xul

Cartel António Menéres

Hoxe comeza en Rianxo o Curso de Verán da Universidade da Coruña “De porto a porto. Estratexias de Rehabilitación“. No programa, que vai durar toda a semana, estudarase a nivel práctico a costa comprendida entre o Porto de Rianxo e Rinlo, así como os muíños, petróglifos, mámoas e demais elementos de interese da zona.  Seguir lendo

Programación da fin de semana (18-19 de xullo de 2015)

18 Xul

veran cultural

Continúan as programacións dentro deste xullo quentiño e deixámovos o que hoxe poderemos desfrutar en Rianxo.

Seguir lendo

Festa da Xouba de Rianxo 2015

16 Xul

 

Este ano a Festa da Xouba de Rianxo adiántase, para ofrecer novas propostas. Cumpre desta vez a súa 23 edición e durante o venres 17 e o sábado 18 de xullo poderemos desfrutar dunha ruta gastronómica da xouba por distintos locais do Concello, votando pola mellor preparación. Ademais, o sábado tocarán os Perucos.

Ademais, o venres, David Alcalde, do Toffe, ofrecerá un taller de cociña ás 17.00 horas no restaurante Pachín de Taragoña sobre as posibilidades da xouba.

O día grande seguirá a ser o 25 de xullo, que este ano cae en sábado. Haberá actuacións musicais, concurso de pratos coa xouba como elemento principal, regata de traiñeiras, inchables…

Onde deixar tapóns en Rianxo

15 Xul
Imaxe de https://flic.kr/p/2SFiMm

Fonte da imaxe: https://flic.kr/p/2SFiMm

Moitos de nós, ademais de separar o plástico e as latas da materia orgánica á hora de tirar o lixo, tamén nos paramos para sacar os tapóns de plástico dos cartóns de zume, das bolletas de suavizante, das botellas de refresco ou de auga, dos frascos de champú… En Rianxo hai distintos puntos nos que deixalos e, dese xeito, podernos colaborar cunha causa solidaria.

Seguir lendo

Festas de Taragoña 2015

13 Xul

Esta fin de semana volve a troula ao noso Concello. En concreto a Taragoña, que celebra as súas festas grandes cunhas orquestrazas. Así que idea puntando na vosa axente que dende o xoves ao domingo toca pasar por Campo Maneiro para bailar e pasalo ben .

En concreto, o día 16 estarán a París de Noia (aí é nada) e a Atenas. O venres Charleston Big Bang e Nueva Generación serán as que animen a noite, mentres que A Oca e Chanel darán marcha ao sábado. A festa rematará o domingo con Marbella e Limón.

Entre medias estará os grupos de gaitas Buxaina, Río Anxo, Castromao e Río Vello, as bandas de Rianxo e de Boiro, a charanga Vai de Baile, marichis… así que non podes quedar na casa, xa que en Taragoña deseñaron un cartel impresionante.

taragonha2015_1
taragonha2015_2

115 anos do nacemento de Manoel Antonio

12 Xul

Hai 115 anos, un 12 de xullo do ano 1900, nacía en Rianxo o principal poeta das vangardas galegas, Manoel Antonio.

11701226_841141465961782_6128801885777501731_n

Procesión do San Cristovo 2015

11 Xul

antiga banda de música Rianxo

Hoxe, 11 de xullo, celebrouse a tradicional procesión de coches engalanados para honrar ó San Cristovo. Coma sempre e despois da misa da unha, unha boa morea de coches, motos e camións xuntáronse onda a capela de San Bartolomeu, e despois da misa dou comezo o percorrido polo concello. Seguir lendo

Festas do Carme de Rianxo 2015

8 Xul

Este venres, sábado e domingo terán lugar as Festas do Carme de Rianxo. O día 10 a música virá da man da orquestra Israel, do grupo América e do dúo Calú.

O sábado continuarán Ritmo Joven e Compostela, e o domingo só tocará o grupo De Moda, xa que o luns pola mañá hai que madrugar.

Os actos propiamente relixiosos terán lugar o xoves 16, na honra, evidentemente, da Virxe do Carme.

Imaxe

Coro diante da igrexa de Santa Columba de Rianxo

8 Xul

15-11-2009 9-44-18_0306