
Todo o bo se acaba. Por iso a noite máis festeira e máis triste do ano, chegou á Guadalupe. O momento no que miles de gorxas cantamos a Rianxeira. E a noite na que despedimos as festas.

Todo o bo se acaba. Por iso a noite máis festeira e máis triste do ano, chegou á Guadalupe. O momento no que miles de gorxas cantamos a Rianxeira. E a noite na que despedimos as festas.

O día comezou con néboa na ría, pero os rianxeiros non deixaron de celebrar un dos días grandes nas festas da Guadalupe, o feirón mariñeiro.

Se pola mañá o Día das Juadalupeñas consiste en diferentes xogos na praza de Castelao, pola tarde o escenario e o ambiente cambia radicalmente. Na urbanización da Martela os mozos bailan ata desgastar as zapatillas, baixo unha capa de po de cores que non deixa de caer. Repamos en imaxes e vídeos como foi a festa.

Un ano máis, graciñas á Comisión de Juadalupeñas que tanto o curra durante todo o ano. Non só polo Rock in Rian, senón tamén para desfrutar dun Día das Peñas no que non falta de nada.

O domingo é o día da Moreniña. É a xornada na que a Virxe da Guadalupe suca as augas da ría de Arousa para achegarse ata Tanxil. É o momento no que miles de persoas lle rezan e a acompañan con devoción e cariño.

O CD Unión foi o encargado de dar o pregón nas festas da Guadalupe deste ano. O clube de fútbol de Asados cumpriu nin máis nin menos que 50 anos de vida e ben merecía un recoñecemento e que fosen os encargados de darlle a benvida ás festas de Rianxo.
Había calor na Praza de Castelao. Calor de festa, de amigos, de risas e de música. Así que os 22º de temperatura só acompañaron o sentimento de centos de rianxeiros que comezaron a Guadalupe como é tradición, coa conta atrás para un chupitaso que inicia 8 días de festa.