
Fin de semana cargadiña de actividades grazas a Vai de Roda, quen organiza ata o domingo os Encontros de Folclore do venres 4 ao domingo 6.

Fin de semana cargadiña de actividades grazas a Vai de Roda, quen organiza ata o domingo os Encontros de Folclore do venres 4 ao domingo 6.

Vai de Roda comeza o novo curso. Podes apuntarte a clases de acordeón e gaita, pandeireta e canto, percusión e gaita e tamén baile.
O pasado 27 de maio, moitos veciños do concello estiveron no plató do Luar da TVG. Alí representaron a romaría do San Pedro de Vilas, cantaron e bailaron. Velaquí ese marabilloso momento. Estivo a xente de Vai de Roda, a agrupación Río de Anxo e a xente de Airiños.

Este pasado sábado, 28 de maio, tivo lugar o XI Serán de Rianxo, organizado pola asociación Vai de Roda. Hai que dicir que tiveron un mérito enorme, xa que ao mal tempo lle houbo que sumar que ese día foi a final da Champions. Non era fácil competir contra ese evento deportivo, pero xa vedes que houbo resposta e que a xente foi ata o Campo de Arriba a cantar, bailar e divertirse.
A fin de semana pasada vímonos inmersos no enorme pracer de poder contribuír fotograficamente ó desenvolvemento da promoción do valse “Rianxo, capricho para piano” que se levou a cabo por varias partes do Concello.

Velaquí os cursos que imparte Vai de Roda. Para máis información, podedes contactar co teléfono 654412094 ou co correo vaiderodarianxo@gmail.com
O pasado sábado 30 de agosto, Vai de Roda organizou unha xornada de portas abertas no Campo de Abaixo. A clase foi impartida por Dani Pereiras. A actividade estaba enmarcada dentro do 10º aniversario da formación.
Se queres apuntarte a baile, gaita, acordeón ou pandeireta, agora podes facelo cos de Vai de Roda. As inscricións realizaranse no Pazo de Martelo os sábados pola tarde do mes de outubro, ben a través do seu blog www.vaideroda.org ou ben no correo vaiderodarianxo@gmail.com:
O domingo pola tarde, na praza de Rafael Dieste tivemos ocasión de ver actuar a Vai de Roda e a dous grupos convidados por este: Taranvainas (Vigo) e Rancho Folclórico de Rebordoes, Santo Tirso (Portugal). Velaquí algunhas fotiñas sacadas por Xoán Antón Castro durante o acto, do que desfrutaron centos de rianxeiros: