Arquivo | festas RSS feed for this section

Fotos e vídeos da Guadalupe 2016: o chupitaso

10 Set

guadalupe-chupitaso-2016-001

Xa temos as primeiras fotos desta Guadalupe 2016 en Rianxo. Un ano máis, os máis novos ocuparon a praza de Castelao para dalo todo e celebrar a chegada dunha semana intensa de emocións e chea de parranda, música e bos momentos. Comentar que durante todo o día tiveron lugar actividades do festival TOSTA, pero que non puidemos asistir, polo que non temos fotos.

Seguir lendo →

XIV Festival de baile e música tradicional Aleivosía

11 Ago

Este domingo 14 de agosto, na praza de Rafael Dieste ás 21.30h, celebrarase o XIV Festival da Escola de baile e música tradicional Aleivosía. Nel participarán un ano máis as diferentes agrupacións escola de baile, pandeireta e gaita. Tocarán, cantarán e bailarán distintas xeracións, veciños de entre 3 e 40 anos de idade que ofertarán unha noite chea de bailes, música e colorido.

Cartel das festas de Asados 2016

11 Ago

asados_2016

Continúa a troula este verán coas festas de Asados. Durante este venres, sábado e domingo a comisión de festas da parroquia dáo todo para que os veciños o pasen o mellor posible, con moita música e actividades.

Seguir lendo →

Noites de Jazz 2016

10 Ago

IMG_3665

Os pasados 3, 4, 5 e 6 de agosto puidemos desfrutar un ano máis das Noites de Jazz. Desta vez o tempo acompañou e tódalas actuacións puidéronse celebrar na praza de Rafael Dieste.

Deixámovos unha escolla con algunhas das imaxes do que deron de si estas as catro noites.

Seguir lendo →

Festas do Araño 2016

8 Ago

Aranho_2016 (1)

O domingo 7 de agosto tivo lugar a romaría da Virxe dos Milagres do Araño. Este ano non houbo festa como tal, pero si as tradicionais misas, na capela que está preto da igrexa. Durante toda mañá a calor foi a gran protagonista, pero iso non impediu que moitos devotos se achegasen ao lugar dende a primeira hora.

Seguir lendo →

Orquestras que van actuar na Guadalupe 2016

6 Ago

A Comisión de Festas da Guadalupe acaba de publicar en primicia o listado das orquestras que van actuar a través do seu Telegram (http://buff.ly/2aIEs5m).

De novo actúan as grandes orquestras locais, Abanico (un clásico o Día das Juadalupeñas) e a Gran Parada (para o día das bengalas).

Pero non vai faltar a orquestra de moda, o Combo Dominicano, nin outras grandes como Aché ou os Satélites.

Festas de Taragoña 2016

21 Xul

Taragonha

Unha das festas máis agardadas e con mellor cartel do ano acaba de chegar. Son das festas de Taragoña, que este ano se celebrarán entre o xoves 21 de xullo e o domingo 24 de xullo.

No cartel podemos ver grandes orquestras como Olympus, Abanico ou Super Fama. Ademais doutras como Aramio, La Nuevo Phila, Ritmo Joven, Terranova e D’Moda, ás que se unirán na animación musical as charangas e os grupos de gaitas. O dito, a desfrutar do verán coas Festas de Taragoña 2016.

Procesión da Virxe do Carme 2016 en Rianxo

17 Xul

procesion1

Onte tivo lugar a procesión da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros e, polo tanto, alguén á quen en Rianxo se rende respecto por toda a xente que traballa no mar. Non puidemos estar no acto, pero recollemos imaxes de Antena 3 Noticias en Galicia.

Seguir lendo →

Festas do Carme 2016

12 Xul

Os próximos 15,16 e 17 de xullo celebrarase na vila as festas do Carme.

 

carme

Seguir lendo →

Procesión de San Cristovo 2016

11 Xul

 

(2)

Un ano mais celebrouse  a xa tradicional procesión de automóviles engalanados para honrar a San Cristovo.

Despois da misa celebrada na capela de S. Bartolomeu e logo de bendecir os camións, coches e motos asistentes arrincou a comitiva que se desprazou coma sempre, polas parroquias rianxeiras.

Eiquí vos deixamos unhas fotos arrincando no paseo da Ribeira:

 

(1)(2)

Seguir lendo →