Arquivo | festas RSS feed for this section

Fotos de San Pedro de Vilas 2016

28 Xuñ

IMG_1884

Este ano foi a vez que máis xente vimos en San Pedro de Vilas. E non é que noutras ocasións houbera pouca xente de festa, pero é que se nota que se cada vez está a coller máis sona esta romaría que se celebra no monte de Asados. É un gusto poder pasar un día enteiro tirado na herba, bebendo, comendo e escoitando música. Así que darlle a noraboa de novo aos organizadores polo traballo e por conseguir que non se perdan tradicións tan fermosas, sans e que unan tanto á xente coma esta.

Seguir lendo →

San Pedro de Vilas 2016

24 Xuñ

Este sábado 25 de xuño, ten lugar unha das romarías populares máis famosas de Rianxo: o San Pedro de Vilas. Ao mediodía haberá unha comida campestre que é un dos momentos máis bonitos da xornada. Pero xa, dende as 10 da mañá, comezarán as celebracións, con pasarrúas grazas a Río de Anxo.

Seguir lendo →

O Combo Dominicano, na Bacariza

13 Xuñ

Faltan poucos días para que chegue o verán e, con el, as festas e os bailes. Acabamos de ter festa no Pazo e tamén en Asados. E a cousa non para, porque este sábado 18 de xuño, na Bacariza (Isorna), tiran a casa pola fiestra traendo unha das orquestras de moda: o Combo Dominicano.

bacariza

Tamén estará a orquestra Samba a  partir das 23.00 horas. Pero, sen dúbida, os canarios serán o prato forte, xa que ademais arrastran tras súa unha lexión de fans e amantes dos merengues, bachatas e demais música latina. O dito, apuntade na axenda xa que o sábado pola noite na Bacariza hai festa rachada 😉

Alfombras florais no Corpus de Rianxo 2016

31 Mai

alfombraprazaigrexa (1)

Hoxe recollemos o que foron as creacións florais feitas polos veciños de Rianxo durante o domindo de Corpus. Moito colorido e moito traballo para estas efémeras obras de arte. Repasamos por zonas o que deron de si as alfombras.

Seguir lendo →

Fotos do XI Serán de Rianxo

30 Mai

VaideRoda (34)

Este pasado sábado, 28 de maio, tivo lugar o XI Serán de Rianxo, organizado pola asociación Vai de Roda. Hai que dicir que tiveron un mérito enorme, xa que ao mal tempo lle houbo que sumar que ese día foi a final da Champions. Non era fácil competir contra ese evento deportivo, pero xa vedes que houbo resposta e que a xente foi ata o Campo de Arriba a cantar, bailar e divertirse.

Seguir lendo →

Así se fixeron as alfombras do Corpus de Rianxo 2016

29 Mai

alfombras_Rianxo_2016_mo (1)

Na rúa do Medio xa dende primeira hora da tarde comezaron a traballar na elaboración das alfombras florais para celebrar o Corpus. Os preparativos iniciáronse moitas semanas antes, xa que xuntar todo o material e preparar algo así leva moito tempo, algo que a maioría non coñecemos.

Seguir lendo →

Procesión de Santa Rita 2016

23 Mai

IMG-20160522-WA0004
Esta fin de semana celebrouse en Rianxo a procesión de Santa Rita, patroa dos imposibles. Había orquestra o sábado pola noite, pero o mal tempo non permitiu desfrutar dela, e pola chuvia houbo que suspender a actuación. Iso si, onte fixo un tempo perfecto para desfrutar da procesión, da cal vos deixamos algunhas imaxes.

Seguir lendo →

Domingo de Ramos 2016 en Rianxo

24 Mar

Fotos do Domingo de Ramos en Rianxo. As imaxes son da Irmandade da Paixón de Cristo, a quen lle damos as grazas.

12900073_1075455889141290_491242583_n

11106204_1075455915807954_2072387005_n

12476387_1075455932474619_37997896_n

12476391_1075455949141284_1052950587_n

12498926_1075455962474616_1561982210_n

12527850_1075455945807951_1617150233_n

12884621_1075455905807955_1214942398_n

12895279_1075455969141282_359980175_n

12900111_1075455965807949_906035350_n

Carrozas de Taragoña 2016

20 Feb

carrozas_taragonha 001

Por culpa do mal tempo, as carrozas de Taragoña tiveron que atrasarse ata hoxe. O tempo, por sorte, estivo de 10, polo que acompañou o evento, onde houbo un alto nivel, con cinco participantes.

Seguir lendo →

Día do deporte choqueiro 2016

9 Feb

deporte choqueiro (4)

Onte pola tarde, no pavillón polideportivo de Rianxo, celebrouse o día do deporte choqueiro, con hinchables e obradoiros. Aquí algunhas imaxes do que deu de si a xornada.

Seguir lendo →