A pesar de que onte fixo un día de cans e de que no centro de Rianxo se suspenderon as actividades relacionadas co entroido por culpa do mal tempo, no Araño seguiron co programa previsto ao ser dentro do centro sociocultural. E a pesar da chuvia torrencial e do vento forte que soprou a primeira hora da tarde, numerosos veciños acudiron á cita. Víase que había ganas de desfrutar do entroido, e non só foron do Araño, senón que dende outras parroquias achegáronse a pasar unha tarde entretida en familia.
Fotos do venres de entroido 2016 en Rianxo
6 FebOnte pola noite as Jualalupeñas organizaron un evento que reuníu a centos de mozos en Rianxo. Ademais de dous DJ, actuaron os noieses Monoulious DOP e houbo premios para os mellores difraces.
Entroido no colexio de Asados e no de Rianxo
5 FebHoxe foi un día grande en moitas escolas, xa que despois de semanas de traballos os rapaces puideron desfilar lucindo os seus mellores disfraces. Velaquí os de Asados e de Rianxo.
Todo preparado para o entroido 2016 en Rianxo
31 XanUn ano máis, chegan unhas festas que nos encantan: os carnavais. E no noso concello non nos imos aburrir, xa que hai actividades e actividades.
Venres 5 e sábado 6: concurso de disfraces en Rianxo.
Unha carpa na praza de Castelao dará a benvida a don Carnal xa o venres. A Comisión de Juadalupeñas de Rianxo organiza un evento no que ademais dun concurso de disfraces de temática choqueira haberá un concerto pop e actuarán DJ Peri e DJ Parru.
O sábado haberá outro concurso de disfraces baixo o lema da volta á infancia. Poden participar os veciños de 40 anos en adiante.

Sábado 6: concurso de disfraces no Araño.
A Asociación de Veciños do Araño tamén organiza un concurso que terá lugar no centro sociocultural da parroquia. Haberá agasallos para todos os nenos, premios para os mellores choqueiros (pequenos e maiores), cantina, música tradicional, inchables e filloas gratis.

Domingo 7: festa do cocido.
Ademais dos postres típicos destas datas, non podía faltar un bo cocido que senta que mete medo. Despois da comida, pola tarde haberá inchables (16.30h) e concertos (20.30h) a cargo dos Carapaus e de Habelas Hainas.

Luns 8: deporte choqueiro.
Ás 16.30 horas, no pavillón de deportes, haberá inchables e obradoiros para os máis cativos.
Martes 9: día das crianzas e comparsas.
Pola tarde, de novo os máis pequenos terán xogos, contacontos, discoteca infantil e recibirán agasallos. Ás 18.00 terá lugar o show de Peter Punk e ás 19.00 será o concurso de comparsas, no que actuará a ruada Marajota e Media. As cancións deberán ser de temática rianxeira. Haberá un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 150 euros e un terceiro cunha cesta de produtos típicos de entroido. Bases do concurso.

Mércores 10: o enterro do Toribiño.
Todo o bo remata. E nesta ocasión o entroido di adeus con pena, para deixar sitio a dona Cuaresma. No funeral poderá participar quen queira e hai que ir disfrazado de viúva, garda civil, cura ou secretario.

Sábado 13: concurso de carrozas.
A pesar de que se podía pensar que ata o 2017 xa nos despedíamos do entroido, en Taragoña teñen preparado un prato forte: o concurso de carrozas. Sairán pola tarde dende o adro da igrexa ata Campos de Pazos. As mellores terán premios en metálico. Ademais, haberá música e os pequenos terán inchables.
Os Reis Magos xa están en Rianxo
5 XanSemella que a pesar da chuvia e do mal tempo os nenos de Rianxo van ter moitos regalos porque se portaron moi ben. Melchor, Gaspar e Baltasar xa se pasaron por Rianxo, recibindo un a un a todos os cativos que se pasaron polo Pavillón Polideportivo.
O fin de ano en Rianxo, un éxito
2 XanNon se podería cualificar con ningunha outra palabra que non fose a de éxito. Está claro que cada vez máis rianxeiros deciden quedarse aquí en lugar de saír noutros concellos como Boiro, porque o ambiente é inmellorable e teñen diversión e moi boa compañía durante toda a noite.
Celebra a chegada do 2016 en Rianxo
30 DecOutro ano máis, a Comisión de Juadalupeñas organiza a celebración de fin de ano nunha carpa instalada na praza de Castelao. Haberá DJs, cava gratis á entrada, badaladas ás 3 da mañá con gominolas e moitas outras sorpresas.

Decoración artesanal en Rianxo polo Nadal
16 Dec
Unha vez máis, e por segundo ano consecutivo, as rúas e edificios públicos de Rianxo vense engalanados por decoración navideña artesanal.
Festas de Leiro 2015
7 OutEsta fin de semana, o 8, 9 e 10 de outubro, son das festas da parroquia de Leiro. E coo cada ano, o cartel é de luxo, xa que traen grandísimas orquestras. Así, entre as actuacións destacan Filadelfia, Pontevedra, Metrópolis, Fania Blanco Show, Claxxon e Aché.
Non deixedes de ir, que agora que rematou o verán todo semella máis triste, pero para iso están as festas de Leiro, para animarnos 😉
IX Ruta Cabalar de Rianxo
27 SetHoxe, no lugar do Xogo dos Bolos, tivo lugar a IX Ruta Cabalar de Rianxo. Os xinetes apuntados saíron do punto de encontro ás 10.30h para percorrer os montes do municipio, parando na praia das Cunchas a tomar un picho.







