
Vídeos do feirón mariñeiro 2015
24 SetUn dos momentos máis emotivos da Guadalupe é cando todos os veciños se xuntan para tocar e cantar no feirón mariñeiro. Nesta ocasión o punto de encontro foi a praza da Manuela, onde as pezas non pararon de soar durante máis de media hora.
Velaquí a canción da Rianxeira e de Rianxo Pájaro Pinto:
E aquí tedes outra peza rianxeira que se vivíu moito, A Camposa, dos Rosales:
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o feirón mariñeiro
23 SetUn dos días máis esperados por todos os rianxeiros nas festas da Guadalupe é o feirón mariñeiro. Semella que leva toda a vida celebránse, pero van 12 edicións deste popular evento que reúne a todos os veciños polas rúas da vila, comentando, cantando, bailando, comprando e desfrutando do día.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o último día
22 SetO último día concentrouse todo en Rianxo: fogos de artificio, o Rianxo on fire, as bengalas e moita festa. Velaquí un pequeno resumo de todo.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: Rianxolandia
19 SetComo cada venres de Guadalupe, os máis pequechos puideron gozar durante todo o día de actividades, xogos e inchables gratuítos. Nesta ocasión a actividade concentrouse precisamente na praza da Guadalupe.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o xoves
17 SetEste xoves tiña que celebrarse o feirón mariñeiro, pero aprazouse ao domingo por mor do mal tempo. A chuvia fixo acto de presenza durante a mañá, pero a partir do mediodía escampou e a xente polas tardes saíu ás rúas con ganas de festa. Alí tamén estiveron Cé Orquestra Pantasma e a charanga rianxeira NASA, que se despedía na súa terra.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o Rock in Rian
16 SetOutro ano máis hai que felicitar á xente da Comisión de Juadalupeñas pola estupenda edición de Rock in Rian.
Fotos das festas da Guadalupe 2015: o día das Juadalupeñas
14 SetUn dos mellores día das Guadalupe, sen dúbida, é o das Juadalupeñas, onde as novas xeracións de rianxeiros se unen para desfrutar botando unha risas durante todo o día. Durante os xogos juadalupeiros que se fan pola mañá estivo un equipo de Vaia Troula da TVG, así que este domingo todos a ver a Galega 😉
Darlle a noraboa á Comisión polos novos xogos deste ano, xa que o curling humano e o rebenta-cús fixeron rir aos centos de persoas que estabamos alí, e sempre é de agradecer que se vaian renovando para ben as probas.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: a procesión do domingo
14 SetVelaquí as fotos do que foi a procesión do domingo, moi marcada pola ameaza da chuvia. De feito, a misa fíxose na igrexa en lugar de no Campo de Arriba, xunto á capela da Guadalupe. E se ben durante a misa o mal tempo non foi impedimento, nada máis chegar ao barco para a procesión marítima, houbo que gardar as imaxes a resgardo pola que caeu.
















