Arquivo | historia RSS feed for this section

Colocación dun monolito nas illas Malveiras en homenaxe a Manuel Antonio

23 Mar

_MG_3035

O pasado sábado 20 de marzo, e dende o concello de Rianxo procedeuse á colocación dun monolito nas illas Malveiras en homenaxe ó escritor Manuel Antonio. Acto enmarcábase dentro das xornadas “De Catro a Catro, catro singladuras en homenaxe a Manuel Antonio” que se están a levar a cabo durante este mes de marzo.

Seguir lendo

Advertisements

Valse “Rianxo”

9 Feb

10947188_910080685680196_5378967220931448946_n

A fin de semana pasada vímonos inmersos no enorme pracer de poder contribuír fotograficamente ó desenvolvemento da promoción do valse “Rianxo, capricho para piano” que se levou a cabo por varias partes do Concello.

Seguir lendo

Noticia do descubrimento do casco de ouro de Leiro en El Ideal Gallego

18 Mar

Velaquí como se contaba o descubrimento do casco de ouro descuberto en Leiro por José María Vicente no xornal El Ideal Gallego. Agradecemos a José María e á súa familia que nos deixaran escanear a nova. Pincha enriba para vela en grande.

noticiacascoleiro

 

Igual che interesa a reportaxe sobre José María Vicente e como descubríu o casco.

O campo de concentración de Rianxo

17 Feb

Un interesante documento audiovisual realizado polo ENDL do Félix Muriel sobre o campo de concentración de Rianxo.

José María Vicente, o descubridor do casco de ouro de Leiro

24 Xan

josemaria1

Abril de 1976. En Estados Unidos acábase de fundar un xigante tecnolóxico, Apple. Mentres, en Rianxo, José María Vicente (25/05/1936) un mariñeiro de Leiro, está a traballar. O choio é o choio e os tempos son os que son. Andan a roubar o gasoil para os barcos, botando nas garrafas auga, para que a xente non desconfiase, pero iso despois trae consecuencias para os motores.

Seguir lendo

Os escudos de Rianxo debuxados por Castelao

26 Dec

Como ben sabedes, hais uns días publicamos un post sobre os escudos rianxeiros nos que se baseou Castelao para facer o de “Denantes mortos que escravos”. Aí comentamos que fixo un traballo xunto con Bouza Brei sobre os Escudos de Rianxo, publicado pola revista Nós, no nº 113, de 17 de maio de 1933, px. 77-83. Castelao recolle máis de 30 escudos diferentes.

Grazas ao Museo de Pontevedra, podemos ver eses escudos, algúns dos cales non chegaron ata os nosos días:

casamaroma

Escudo na chamada Casa da Maroma, en Rianxo

Seguir lendo

A inspiración do escudo de Castelao

12 Dec

Como sabedes, as comezos do século XX, Castelao fixo unha proposta para o escudo de Galicia, na que incorporaba a frase “Denantes mortos que escravos” (utilizada polos polos membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron as tropas inglesas en 1806). Pois ben, boa parte da inspiración deste escudo chegoulle de dous escudos que hai en Rianxo. Sabedes cales son?

escudocastelao

Seguir lendo