Grazas ao Banco Sabadell, ao Toffe, ao Concello de Rianxo, a talleres Milocho e ao clube de Trial de Teo, entre outros, en Rianxo puidemos desfrutar dunha proba de trial valedoira para o campionato galego. Velaquí algúns dos momentos da xornada do sábado 20 de setembro, cando participaron os máis cativos.
I Trial Concello de Rianxo: 20 e 21 de setembro
17 SetEsta fin de semana, celébrase nos montes de Leiro o I Trial Concello de Rianxo, que ademais é puntuable para o Campionado Galego de Trial. O evento está organizado polo Club Motociclista Teo, en colaboración co Concello de Rianxo e a Federación Galega de Motociclismo, e contando co patrocinio de Sabadell Gallego, como puidemos ler na web do Concello.
Así, a proba comeza o sábado 20 de setembro ás 16.00 horas coa proba infantil. Os nenos de entre 6 e 13 anos enfrontaranse a cinco zonas. Pola súa banda, os adultos terán o seu turno o domingo 21 dende as 10 h da mañá. A proba contará con 40 pilotos, algúns deles asturianos e castelán-leoneses.
Este evento será a sétima proba das nove que o compoñen o Campionato Galego.
Programa:
Sábado, 20 de setembro, 16 a 18:30 h.: Proba infantil
Domingo, 21 de setembro, de 10 a 15:30 h.: Proba Absoluta.
O cemiterio de embarcacións na ensenada de Leiro
12 Xuñ
A ensenada de Rial, en Leiro, é un sitio estupendo para pasear. Non obstante, cando baixa a marea podemos ver que serve como tumba para moitas gamelas e embarcacións antigas que o tempo e o uso acabaron por liquidar. Entre a area e o fango, emerxen os esqueletos de madeira do que antano era unha chalana para ir ás fanecas, para ir ata barcos máis grandes ou para moverse preto da ría.
Moncho Ces, investigador de petróglifos en Rianxo
26 AbrDe novo, os rapaces do Félix Muriel realizaron un interesante documento: unha entrevista a Moncho Ces, dos primeiros rianxeiros en comezar a investigar sobre os petróglifos en Rianxo, ata o punto de qeu foi o descubrir dos Mouchos, en Leiro.
Como nos contou o seu fillo, Carlos Ces, “estaba aquela tempada rastrexando o monte entre Rianxiño e Brión porque hai aí unha liña importante de gravados. E un día deu con eles, que eran difíciles de ver pola terra e vexetación que os cubría”. O caso é un día Carlos acompañou o seu pai. Tiña daquela 16 anos Carlos, cando o seu pai lle “pediu que o axudase a turrar dunhas xestas para seguir unha liña grosa que ao principio pensamos que era da pedra. Ata que, sorpresa, apareceu o gran cervo da pedra nº1, ese de case 1 metro de altura. Imaxina o gozo de tal descubrimento!”
A información sobre estes petróglifos foi recompilada no traballo “Un complexo de gravados rupestres en Rianxo”, da revista Brigantium (volume 8, anos 1993/94), elaborador por Xoán Andrés Fernández Castro, Pedro Piñeiro Hermida e Ramón Ces Castaño.
Os pazos de Rianxo
14 AbrDe novo, na canle de Youtube do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Instituto Félix Muriel atopamos outro documento moi interesante. Neste caso é un vídeo explicando os distintos pazos que hai en Rianxo, así como información do hórreo do Araño. Foi realizado por Sandra Castaño e por Lara Gómez.
Mulleres que rompen Moldes
24 Mar
Con motivo do mes da muller traballadora, a Concellería de Educación, Cultura e Normalizción lingüística do Concello de Rianxo encargoulle ao Cadro Artístico Airiños a realización dun novo TEATRO-EXPRÉS, que fale aos pequenos da vilae aos que se queiran achegar, das MULLERES que foron importantes para o desenvolvemento da nosa historia.
Noticia do descubrimento do casco de ouro de Leiro en El Ideal Gallego
18 MarVelaquí como se contaba o descubrimento do casco de ouro descuberto en Leiro por José María Vicente no xornal El Ideal Gallego. Agradecemos a José María e á súa familia que nos deixaran escanear a nova. Pincha enriba para vela en grande.
Igual che interesa a reportaxe sobre José María Vicente e como descubríu o casco.
Lelucha, xubilada e no seu día costureira a domicilio
15 MarÁs veces sorprende como cambia o mundo e como hai profesións que no seu día eran moi coñecidas e como hoxe en día son unha anécdota. Manuela Cándida Vicente Vicente (14/03/1921) é historia viva de como hai anos, cando non había nin Zaras, nin grandes centros comerciais a xente chamaba a costureiras que facían traballos por xornada.
José María Vicente, o descubridor do casco de ouro de Leiro
24 XanAbril de 1976. En Estados Unidos acábase de fundar un xigante tecnolóxico, Apple. Mentres, en Rianxo, José María Vicente (25/05/1936) un mariñeiro de Leiro, está a traballar. O choio é o choio e os tempos son os que son. Andan a roubar o gasoil para os barcos, botando nas garrafas auga, para que a xente non desconfiase, pero iso despois trae consecuencias para os motores.
As chuvias afectan ao marisqueo
13 XanEsta fin de semana, paseando pola praia do Porrón, puiden apreciar milleiros de berberechos e centos de longueiros mortos. Como se pode observar nas imaxes, non se trata de cunchas antigas, senón de berberechos con moi pouco tempo. En moitos deles obsérvanse os restos dos bilvavos mortos. Semella que as chuvias e o temporal que estes días afecta a Galicia está a afectar seriamente a campaña marisqueira en Rianxo.







