Orquestras que van actuar na Guadalupe 2016

6 Ago

A Comisión de Festas da Guadalupe acaba de publicar en primicia o listado das orquestras que van actuar a través do seu Telegram (http://buff.ly/2aIEs5m).

De novo actúan as grandes orquestras locais, Abanico (un clásico o Día das Juadalupeñas) e a Gran Parada (para o día das bengalas).

Pero non vai faltar a orquestra de moda, o Combo Dominicano, nin outras grandes como Aché ou os Satélites.

Mexillóns, jazz, rugby e o universo

3 Ago

Esta fin de semana tamén chega moi movidiña. Un dos pratos fortes será a Festa do Mexillón, que xa vai pola súa sétima edición. O sábado e o domingo, ademais de comer a fartar un dos manxares da nosa ría, teredes música e actividades gratuítas para os máis pequenos (con inchables) e tamén para os maiores (como un bautismo de mar con motos acuáticas).

Seguir lendo

XIII Bandeira Concello de Rianxo de Traiñeiras

30 Xul

Maña, 31 de xullo, ás 11.30 horas, terá lugar no peirao a XIII Bandeira de Traiñeiras “Concello de Rianxo”. Os locais están de segundos na liga LGT-B 2016, polo que están a nada de ascender e precisan dos ánimos dos veciños para sacar un bo resultado e seguir con aspiracións. Así que mañá non deixes de animar ao Club de Remo de Rianxo.

ligab

Zona da Zanfona 2016

29 Xul

Rianxo convértese estes días no epicentro mundial da zanfona grazas ao festival internacional Zona da Zanfona, organizado por aCentral Folque. Van xa 12 edicións deste evento centrado neste particular instrumento chamado zanfona, onde hai cursos, bailes, animación na rúa, encontros con músicos e concertos.

Hoxe, venres 29 xullo, na praza Rafael Dieste actuarán Os Cempés ás 21.30h. Mañá sábado, á mesma hora e no mesmo lugar, actúan
Anxo Pintos e Obal. E o domingo, ás 12 do mediodía, tamén na praza de Rafael Dieste, haberá unha xuntanza de escolas de zanfona de Galicia.

Máis información

IX Festival Antrospinos en Taragoña

29 Xul

Hoxe comeza un dos grandes festivais de música organizados no Concello. En concreto, o Festival Antrospinos, que xa vai pola súa edición número nove e que se celebra en Taragoña.

Seguir lendo

Concerto Roi Casal

27 Xul

IMG_2670

O pasado sábado pola noite, na praza de Castelao tivemos o pracer de escoitar un gran concerto. Sobre o escenario soou o grupo de Roi Casal. E foi, dándolle a volta a unha das súas cancións, algo maxicamente belo. Foi un concerto con grandes cancións, enormes músicos e a doce e fermosa voz da nosa veciña Silvia Ferre Casar.

Seguir lendo

A Manuela, vítima dun acto vandálico

21 Xul

manuela1

Hai xusto tres anos, un 22 de xullo de 2013, uns vándalos queimaban parte da ponte de madeira que vai sobre o río Te ata a praia da Torre. E hoxe, un 21 de xullo, temos que enterarnos de novo de que os vándalos atacan de novo o patrimonio público. Deben pensar que ao ser de todos non é de ninguén ou se pode facer o que se queira. Dende logo non deixa de ser un acto de ignorancia, no que non só se dana o que é público, senón que se dana o que é de todos.

Seguir lendo

Festas de Taragoña 2016

21 Xul

Taragonha

Unha das festas máis agardadas e con mellor cartel do ano acaba de chegar. Son das festas de Taragoña, que este ano se celebrarán entre o xoves 21 de xullo e o domingo 24 de xullo.

No cartel podemos ver grandes orquestras como Olympus, Abanico ou Super Fama. Ademais doutras como Aramio, La Nuevo Phila, Ritmo Joven, Terranova e D’Moda, ás que se unirán na animación musical as charangas e os grupos de gaitas. O dito, a desfrutar do verán coas Festas de Taragoña 2016.

Feira do Libro en Rianxo 2016

19 Xul

Un ano máis, no noso concello temos a sorte de contar coa Feira do Libro. Celebrarase esta semana, do xoves 21 de xullo ata o domingo 24 de xullo. E contará, ademais de coa presentación de varias obras, con obradoiros, actuacións musicais, maxia, contacontos, actividades infantís e moitos outros eventos.

Seguir lendo

Andaina nocturna 2016

18 Xul

Outro verán máis organízase en pleno verán unha andaina nocturna. En concreto será o venres 22 de xullo. Terá un percorrido de 14 quilómetros, comezará ás 22.30h e rematará a iso das 2.30h da madrugada. É preciso inscribirse previamente en deportes@concelloderianxo.gal ou ben no teléfono 981.86.63.81 e pagar os 3€ da inscrición (supoñemos que polo bus e pola auga que pon a organización).

Seguir lendo