E aquí dende o punto de vista dos pilotos:
150 superhomes sairán hoxe de Rianxo
20 Xuñ
Imaxe de itrekkers.org
Un total de 149 inscritos na edición deste ano International Trekkers Barbanza Sar sairán hoxe ás 17.00 horas dende Rianxo para iniciar unha camiñata brutal de 100 quilómetros. Trátase de supermulleres e de superhomes que percorrerán camiñando ou correndo durante horas toda a xeografía do Barbanza.
Festa XK si das Juadalupeñas
19 Xuñ
Hoxe, venres 19 de xuño, ás 23.00 horas, as Juadalupeñas organizan unha festa no Campo de Arriba para ir recadar fondos para o Rock in Rian. No evento actuarán os DJs Etxeoquehai, Peri e Tamudo FMC, así como terá lugar o concerto presentación de Paparruchas.
“Para rehabilitar hai casas con vistas ao mar, casas de remo, casas labregas e incluso algún pazo”
19 Xuñ
O pazo de Brión é unha das vivendas deste proxecto
Hai uns meses, o concello de Rianxo, a través da Oficina Municipal de Rehabilitación, sacou adiante un proxecto no cal se creaba unha bolsa de vivendas para rehabilitar baixo o lema”100 Casas, historias, soños,… Agardan por Ti”. A idea é que esa riqueza patrimonial da que forman parte as vivendas non queden abandonadas, senón “que poidan ser rehabilitadas e rehabitadas, como primeira ou como segunda residencia”, como se explica dende a web do Concello. Para sabermos máis desta idea, falamos co arquitecto responsable da Área de Rehabilitación Integral de Rianxo, Carlos Henrique Fernández Coto.
Preguntas a Óscar Reboiras
16 XuñNo blog estamos a piques de cumprir o soño das 300.000 visitas e, por esa razón, temos preparada unha pequena emboscada a Óscar Reboiras, alma máter deste blog, que comezou a súa andadura alá polo ano 2009.
Para esta ocasión queremos que nos enviedes preguntas para Óscar ao seguinte enderezo de correo electrónico:
preguntasaoscar@gmail.com
e en canto as responda, poñerémolas nun post.
Non nos queda máis que darvos infinitas grazas por seguirnos cada día, neste noso pequeno recunho de información, fotografías, entrevistas, reportaxes… que tanto nos fai desfrutar.
Agardamos as vosas preguntas.
Un saúdo e moitísimas grazas a tod@s!!!
I Slalom Concello de Rianxo
15 XuñNo día de onte disputouse no polígono de Té o I Slalom Concello de Rianxo, organizado pola Escudería Rallyactividad. Durante todo o día, un total de 29 coches deixaron as rodas e esforzáronse ao máximo por entreter ó numeroso público que se pasou a ver esta proba, demostrando a súa pericia ao volante. Durante a mañá foron as tandas de adestramentos e, xa pola tarde, a partir das 15:00 horas, tiveron lugar as dúaas tandas clasificatorias. Deixámovos unhas cantas fotos das tandas da tarde, agradecendo unha vez máis á organización o seu traballo e facilidades.
Primeiro pleno da nova lexislatura de Rianxo, coa investidura de Muíños de novo como alcalde
13 Xuñ
A iso das 12.30 horas, no salón de plenos do Concello de Rianxo estaba convocados todos os partidos con representación nas pasadas eleccións locais do 24 de maio. Tratábase do primeiro pleno da nova lexislatura, polo que de aí tiña que saír o novo alcalde de Rianxo para os próximos catro anos. Non houbo sorpresa e Adolfo Muíños, do BNG, foi investido de novo rexedor da localidade. Así foi o transcurso do acto.




