Dende agora, os domingos e os mércores, o mercadiño ambulante de Rianxo estará na praza de Castelo e no Campo de Arriba. Deste xeito, segundo se di, evítase ter que pagar 18.000 euros a Portos e tamén se leva a un sitio máis céntrico do concello. Que opinades? Gústavos o cambio?
As pontes sobre o río Té, arranxadas
21 MaiTeño que dicir que xa tiña un post medio crítico co tema das pontes destrozadas no sendeiro do río Té por no inverno de 2011, en canto que en abril pasara un ano dende que o BNG no seu blog (e cando estaba na oposición), pedira que se arranxara.
O caso é que desta vez teño que dicir que cumpriron e deron mostra de coherencia, facendo algo que pediron no seu día. E aínda que cando saquei as fotos, en febreiro deste ano, as pontes non estaban arranxadas, cando menos no mes de abril si que o deixaron todo perfecto para aqueles que queiran desfrutar dunha xornada de sendeirismo a carón do noso río qu e atravesa O Araño, Asados e Taragoña.
Arriba vedes a imaxe da ponte en febreiro, e abaixo, xa arranxada, no mes de abril.
Velaquí as imaxes da outra ponte antes do arranxo:
E velaquí a actuación no lugar, sacando a ponte e habilitando a zona para que se poida pasar:
O dito, parabéns ao Concello por este traballo de cara ao bo tempo e, sobre todo, pola coherencia á hora de facer o que se pide, algo moi raro hoxe en día na política.
Encontro Internacional da Zanfona en Rianxo
23 AbrEsta pasada fin de semana, en Rianxo tivo lugar o VIII Encontro Internacional para zanfonistas en Galicia, chamado Zona da Zanfona 2012. Ademais de talleres, tamén houbo un concerto gratuíto no auditorio de Rianxo, interpretado por dous dos mellores zanfonistas do mundo, Gilles Chabenat e Patrick Bouffard. Velaquí dúas fotos do evento sacadas por Xoán Antón Castro.
Estaba tamén previsto que as zanfonas saísen ás rúas pero, por mor da chuvia, esta actividade tívose que levar a dentro da biblioteca. Non obstante, o sábado pola noite no camping de Rianxo viviuse unha foliada intensa entre os zanfonistas, aos que se lle uniron todo tipo de instrumentos e músicos do concello. Diso non temos imaxes, pero si dos talleres que se ofreceron:

Fonte: aCentral Folque

Fonte: Ariel Ninas
Colgo tamén un par de vídeos Youtube con Gilles Chabenat e Patrick Bouffard de hai anos, para que vos fagades unha idea de como soa este instrumento e do que puideron sentir os privilexiados que estiveron no auditorio:
Entroido 2012 en Rianxo
22 MarXa sei que é un pouco tarde para lembrarme do entroido, pero como atopei estes interesantes vídeos no Youtube, non puiden resistirme 😉
As contas da Asociación de Veciños do Araño
7 MarEsta fin de semana tivo lugar unha asamblea na Asociación de Veciños do Araño, na cal presentaros as contas anuais e tamén informaron das xestións e peticións realizadas dende o 2008 (ciclando na imaxe podedes ver o documento en pdf):
A verdade é que só cabe felicitalos polo seu traballo, pola súa transparencia e por levar tan ben as contas. Como vedes, xestionaron 47 peticións a diferentes administracións para mellorar os servizos da parroquia do Araño e pecharon o 2011 cun saldo positivo nas contas de 4.023 euros. Fixeron moitas actividades por pouco diñeiro, economizando e botando man da imaxinación e da axuda dos veciños, así que dende este blog, un merecido aplauso.
Por certo, se sodes veciños e vos queredes facer socios, tedes este mes de marzo para apuntarvos. Son 12 euros anuais (coma quen di 1 euro por mes) e axudades ao desenvolvemento social, cultural e de infraestruturas en Rianxo, xa que son como a voz da parroquia ante o Concello ou a Deputación. Eu xa teño tamén o meu carné de socio. E se vós queredes o voso, estarán na escola de Buhía os domingos deste mes de marzo 😉




















