Nubes sobre o monte
6 AbrHoxe cólgovos aquí unha imaxe impresionante do monte do Araño. Ao fondo, sobre o Pico Muralla, vense unhas nubes preciosas que lle dan ao ceo un toque máxico.

A praia de Tanxil
17 MarParece que o bo tempo vai animando á xente á ir á praia. Esta fin de semana a praia de Tanxil, en Rianxo, xa foi collendo vida.

Dous gatos mariñeiros
17 MarVelaquí vos deixo unha foto que saquei na desembocadura do río da Grenla, entre Rianxo e Leiro. O título do post non podía ser máis axeitado 😀

O pazo dos Baltar
16 MarO pazo de Baltar está situado nun dos mellores lugares de Rianxo: fronte ao mar e xusto enriba da praia de Tanxil. De feito, se paseades pola praia, isto é o que veredes.

Como vedes, ten unha frondosa vexetación. O certo é que a día de hoxe é un lugar abandonado, xa que a familia Baltar non vive no lugar, senón que vén de ramos en pascoas.

O certo é que se trata de un casería imponente que leva anos en Rianxo e que pertence a este rica familia que, polo que sei, viven en Santiago. Polo que oín por aí, seica o cabeza de familia era médico e de aí lle viñan os cartos.

Cólgovos tamén unha foto da entrada da casa. Dicirvos que no seu día a xente viña sacar aquí as fotos da súa voda, porque a cousa lucía.

A praza da Igrexa ou praza de Rafael Dieste
27 FebXusto no casco antigo de Rianxo podemos unha pequena praza á que todos os rianxeiros chamamos a praza da Igrexa (se se pode buscar algo sinxelo, para que complicarse a vida, non?), aínda que dende o Concello está bautizada como praza de Rafael Dieste. Forma un bonito conxunto coa igrexa de Santa Columba, o cruceiro e o pazo de Martelo, que ata hai ben pouco era a biblioteca municipal.
Nas fins de semana de verán, cando fai bo tempo, a xente adoita ir á terraza que hai na praza polas mañás e ver como se casa a xente na igrexa. Ata o lugar chegan os coches coas mozas a piques de casar e suben polas bonitas escaleiras do santuario.

Igrexa de Rianxo Santa Columba

O pazo de Martelo
Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2007 e 2008
21 FebVelaquí vos deixo varias fotos dunha das festas con máis marcha de Galicia, as da Guadalupe de Rianxo. Pincha sobre elas para velas máis grandes. Graciñas Moinante!





















