Rianxo de noite

24 Mai

Velaquí unha preciosa imaxe noctura da fachada marítima de Rianxo. A foto é de Xoán Castro:

Etiquetas:,

As pontes sobre o río Té, arranxadas

21 Mai

Teño que dicir que xa tiña un post medio crítico co tema das pontes destrozadas no sendeiro do río Té por no inverno de 2011, en canto que en abril pasara un ano dende que o BNG no seu blog (e cando estaba na oposición), pedira que se arranxara.

O caso é que desta vez teño que dicir que cumpriron e deron mostra de coherencia, facendo algo que pediron no seu día. E aínda que cando saquei as fotos, en febreiro deste ano, as pontes non estaban arranxadas, cando menos no mes de abril si que o deixaron todo perfecto para aqueles que queiran desfrutar dunha xornada de sendeirismo a carón do noso río qu e atravesa O Araño, Asados e Taragoña.

Arriba vedes a imaxe da ponte en febreiro, e abaixo, xa arranxada, no mes de abril.

Velaquí as imaxes da outra ponte antes do arranxo:

E velaquí a actuación no lugar, sacando a ponte e habilitando a zona para que se poida pasar:

O dito, parabéns ao Concello por este traballo de cara ao bo tempo e, sobre todo, pola coherencia á hora de facer o que se pide, algo moi raro hoxe en día na política.

Etiquetas:, , , ,

Un traballo do Colexio Castelao, premiado nas Letras Galegas

16 Mai

Un traballo realizado polos alumnos do CEIP ADR Castelao de Rianxo foi o gañador do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012 de educación primaria, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Trátase dun percorrido polos momentos máis significativos da biografía de Valentín Paz-Andrade e ads múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida: dende o seu inicial labor de xurista, as súas inquedanzas políticas e a súa carreira empresarial, sen esquecer a súa destacada vocación pola escrita.

Este traballo está a disposición dos centros de toda Galicia e pode verse na web de Política Lingüística.

Pero ademais, os rapaces da escola de Rianxo, tamén elaboraron un vídeo titulado Valentín Paz-Andrade, galego de corazón:

Etiquetas:, , ,

Fotos XIII Subida ao Castro Barbudo 2012

16 Mai

A xente de Sportbike Boiro colgou algunhas fotos da XIII Subida ao Castro Barbudo 2012 no seu facebook, así que aproveitamos para ver algúns momentos da saída (non hai fotos do resto de tramos):

Etiquetas:, ,

Panorámica da praia de Cunchas

13 Mai

Pincha na imaxe para vela en grande.

Etiquetas:, , ,

Esta fin de semana, XIII Subida ao Castro Barbudo 2012

8 Mai

Como todos os anos, a Peña Cicloturista Castro Barbudo organiza unha proba para os amantes da bicicleta de montaña. De feito, eu mesmo participei o ano pasado e dou fe do ben organizada que están.

Se estades interesados en apuntarvos, terá lugar este sábado 12 de maio, e hai que inscribirse no Campo de Pasos ás 15.30 horas, xa que 60 minutos despois comeza a proba. O importe da inscrición é de 15 euros (ao que hai que sumar 12 euros para os non federados, porque é preciso un seguro obrigatorio para o día da proba).

O límite é de 150 persoas, xa van case polas 100 e, visto que vai facer bo tempo, de seguro que se superan as expectativas. A inscrición pódese facer na súa web.

Dende a peña xa realizaron un ensaio pola ruta deste ano e pódense ver un feixe de fotos no facebook, algunhas das cales pasamos a colgar:

Etiquetas:,

Exposición fotográfica en Rianxo

7 Mai

Se tedes ocasión, recoméndovos que pasedes polo Auditorio de Rianxo, porque ata o día 23 de maio acollerá unha exposición fotográfica na que eu tamén participo con tres instantáneas. Na mostra tamén hai outros fotógrafos afincados en Rianxo, como Xoán Castro e moitos outros artistas do Barbanza, do Salnés, do Morrazo, etc.

Quero aproveitar para darlle as grazas ao Concello, por todas as facilidades que nos deron. Realmente quen o organizou todo foi Xoán pero, polo que me comentou, a predisposición foi a mellor dende o primeiro momento. Á inauguración, o pasado venres, tamén acudiu o alcalde, Adolfo Muíños, e a concelleira de Educación e Cultura, Hadriana Ordóñez. Mesmo saíu unha pequena referencia ao acontecemento en La Voz de Galicia de onte (é a foto de abaixo, a 4):

Eu, lamentablemente, non puiden acudir o venres, pero si que me pasei o sábado polo Auditorio e gustoume como quedou a cousa. Ademais, entereime de que era a primeira exposición de fotografía artísticas que acollía o recinto, así que a cousa fai ilusión. Aínda que o que máis gusta é ver como a xente se para nas fotos, curiosea e comenta.

Velaquí me tedes a min coas miñas fotos (fun con Xoán, e aproveitou para inmortalizarme, jeje):

O dito, se vos cadra, non deixedes de pasarvos polo Auditorio porque hai fotos realmente fermosas.

Etiquetas:, , ,

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.