O CD Unión foi o encargado de dar o pregón nas festas da Guadalupe deste ano. O clube de fútbol de Asados cumpriu nin máis nin menos que 50 anos de vida e ben merecía un recoñecemento e que fosen os encargados de darlle a benvida ás festas de Rianxo.
Vídeo e fotos do chupitaso nas festas da Guadalupe de Rianxo 2019
14 SetHabía calor na Praza de Castelao. Calor de festa, de amigos, de risas e de música. Así que os 22º de temperatura só acompañaron o sentimento de centos de rianxeiros que comezaron a Guadalupe como é tradición, coa conta atrás para un chupitaso que inicia 8 días de festa.
Sempre en Rianxo
12 SetEsta é a historia dun amor. A historia de Juan e de Encarnación. El, de Brión, xa bebía os ventos por Encarnación dende que esta tiña 14 anos. Ela, de Rañó, deixouse querer. Nin o servizo militar nin as actuacións del como músico os separaron. Ao revés, decidiron unir forzas e compartir unha vida detrás dun mostrador. Sen horarios, sen descanso e con moita ilusión.
Actividades na rúa nas festas da Guadalupe de Rianxo 2018
15 Set
O programa das festas da Guadalupe é tan completo e tan variado que ás veces non nos dá tempo a estar en todo nin a desfrutar de todo o que hai programado. Así que nesta pequena publicación lembramos algunha destas actividades que houbo durante a semana.
Seguir lendo
Fotos de Rianxolandia nas festas da Guadalupe 2018
15 Set
Un dos días que máis deben desfrutar os cativos das festas é o último, o venres, no que a praza da Guadalupe se enche de inchables e de xogos. E aos pais de seguro que tamén lles encanta aforrar algo e que todo sexa gratis por unha vez.
Seguir lendo
O pregón do grupo de teatro Airiños na Guadalupe de Rianxo 2018
15 SetO pasado sábado realizouse o tradicional pregón da Guadalupe da man do grupo de teatro Airiños, que cumpre nin máis nin menos que 85 anos. Ese día transmitimos en directo ese momento no noso Facebook (aquí podes ver o vídeo), pero temos algunha fotiño que queremos compartir.
Fotos e vídeo do taller de parkour nas festas da Guadalupe de Rianxo 2018
15 Set
Como cada ano, na urbanización da Guadalupe tivo lugar un obradoiro de cultura urbana impartido por Vella Escola de Noia. Nesta ocasión foi de parkour, que consiste en sortear, saltar e pasar por riba de elementos do mobiliario urbano de forma elegante e moi estética. Ademais, ao final do taller deron unha demostración que nos deixou coa bocar aberta.
Seguir lendo
Fotos do Rock in Rian 2018
15 SetA Comisión de Juadalupeñas está todo o ano traballa que traballa, facendo eventos e actividades para poder facer un gran festival de música gratuíto e a verdade é que ten un mérito incrible. Ademais de que se nota o gran nivel que conseguen.
Seguir lendo
Fotos do último día das festas da Guadalupe de Rianxo e vídeo da Rianxeira
15 SetComo quen non quere a cousa, pasaron os oito días das festas da Guadalupe de Rianxo. Chegou o venres, o agardado día que para moitos supón o final do verán, un momento para celebrar e tamén para sentir nostalxia do que se vai co verán. Pero tamén unha xornada na que a celebración da Guadalupe acaba por todo o alto, cantando A Rianxeira con bengalas ás 2 da madrugada na praza de Castelao.
Fotos e vídeos da festa da escuma na Guadalupe de Rianxo 2018
14 Set
Nas festas máis calorosas que lembramos da Guadalupe, a actividade da festa da escuma foi do máis refrescante. Os máis pequenos pasárono en grande e algún veterano tamén se animou a acompañar aos nenos.
Seguir lendo