Arquivo | A Guadalupe RSS feed for this section

Fotos do feirón mariñeiro de Rianxo 2018 pola mañá

13 Set

feiron-rianxo-2018-mana (1)

Un ano máis, o feirón mariñeiro do xoves de Guadalupe foi un dos grandes días da festa. Unha xornada na que grandes e maiores intentan volver atrás no tempo, onde a festa se fai na rúa, onde se canta e se baila ao son de gaitas, pandeiretas e tambores. Onde hai tendas tradicionais, artesanía e postos para comer en calquera lugar.
Seguir lendo

O día no que os xigantes volveron a Rianxo

11 Set

_MG_7100

Hoxe, 11 de setembro de 2018, os xigantes regresaron á vila de Rianxo. En concreto, durante a celebración do Día de Padrón puidéronse ver a dous. Un home e unha muller. Iso si, a xente, lonxe de terlles medo, aplaudía e ficaba alegre coa imaxe.

Seguir lendo

Fotos e vídeos do Día das Juadalupeñas: a festa da cor na Martela

10 Set

Desta vez comezo co víde en lugar de coas imaxes. Que se vexa ben esa fumarada de polvo de cor verde que parece que vai envelenar a todo o mundo, pero que provoca euforia, saltos e alteración.

Seguir lendo

Fotos e vídeos dos xogos das Juadalupeñas nas festas de Rianxo 2018

10 Set

Juadalupenhas2018 (1)

Pasou a fin de semana. Chegaron os días laborables. E non por ser luns hai menos festa. Ao revés. As Juadalupeñas inundaron as rúas de Rianxo facendo que por unha vez amemos os luns. Velaquí as fotos desta xornada.

Seguir lendo

Fotos e vídeos da procesión da Guadalupe de Rianxo 2018

9 Set

procesion-guadalupe-2018 (8)

O día grande das festas chegou. O momento no que a Moreniña sae ao mar, sen facerlle caso ao que di a súa canción. Porque por máis que embarque, a Guadalupe nunca se marea. Os mariñeios e patróns de Rianxo levan ben os barquiños, que non son de pau de laranxo, pero que despois de dar unha voltiña ata Tanxil, volven á terra.

Seguir lendo

Fotos das festas da Guadalupe 2018: o chupitaso

8 Set

7 de setembro de 2018. Día sinalado no calendario de moitos rianxeiros. Semana grande das festas á vista. Moitos plans, moitas actividades, moitos amigos que no se ven o resto do ano e moitas ganas de espremer cada minuto ao máximo, como non querendo que a cousa acabe nunca.

Seguir lendo

A todas as Elvinas

7 Set

Hai imaxes e momentos que veñen de xeito recorrente á miña mente. Un deles é a man dereita da miña veciña Elvina agarrada a unha vella parra. É un mes de xullo e a sombra da viña non mingua a calor da tarde. Con 88 anos, encurvada, vestida de loito e apoiado o ombreiro esquerdo sobre o mango do sacho, deixa a mirada perdida.

Seguir lendo

Festas da Guadalupe de Rianxo 2018: cartel, actividades e grupos

22 Ago

cartel festas das Guadalupe de Rianxo

Quedan dúas semaniñas para que comecen as festas da Guadalupe de Rianxo. Se non o tiñas claro, a Guadalupe comeza o 7 de setembro e remata o 14 dese mesmo mes. Oito días de festa con grandes orquestras como Abanico, Gran Parada, o Combo Dominicano e os Satélites. Pero tamén grandes momentos como o Chupitaso, o Día das Juadalupeñas, o Feirón, a procesión marítima ou o Rock in Rian. Cada ano parece que o corpo non vai aguantar, pero realmente o que non aguanta o corpo é estar sen desfrutar das grandes festas de Rianxo.

Seguir lendo

Todas as fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2017

22 Set

Fotos da Guadalupe 2017: a festa da escuma

19 Set

Un dos momentos máis divertidos das festas vívese o venres ao mediodía. Ás 13.00 horas, nenos e non tan nenos xúntanse na praza para desfrutar da festa da escuma.

Seguir lendo