Arquivo | A Guadalupe RSS feed for this section

Fotos e vídeos da procesión da Guadalupe de Rianxo 2018

9 Set

procesion-guadalupe-2018 (8)

O día grande das festas chegou. O momento no que a Moreniña sae ao mar, sen facerlle caso ao que di a súa canción. Porque por máis que embarque, a Guadalupe nunca se marea. Os mariñeios e patróns de Rianxo levan ben os barquiños, que non son de pau de laranxo, pero que despois de dar unha voltiña ata Tanxil, volven á terra.

Seguir lendo

Fotos das festas da Guadalupe 2018: o chupitaso

8 Set

7 de setembro de 2018. Día sinalado no calendario de moitos rianxeiros. Semana grande das festas á vista. Moitos plans, moitas actividades, moitos amigos que no se ven o resto do ano e moitas ganas de espremer cada minuto ao máximo, como non querendo que a cousa acabe nunca.

Seguir lendo

A todas as Elvinas

7 Set

Hai imaxes e momentos que veñen de xeito recorrente á miña mente. Un deles é a man dereita da miña veciña Elvina agarrada a unha vella parra. É un mes de xullo e a sombra da viña non mingua a calor da tarde. Con 88 anos, encurvada, vestida de loito e apoiado o ombreiro esquerdo sobre o mango do sacho, deixa a mirada perdida.

Seguir lendo

Festas da Guadalupe de Rianxo 2018: cartel, actividades e grupos

22 Ago

cartel festas das Guadalupe de Rianxo

Quedan dúas semaniñas para que comecen as festas da Guadalupe de Rianxo. Se non o tiñas claro, a Guadalupe comeza o 7 de setembro e remata o 14 dese mesmo mes. Oito días de festa con grandes orquestras como Abanico, Gran Parada, o Combo Dominicano e os Satélites. Pero tamén grandes momentos como o Chupitaso, o Día das Juadalupeñas, o Feirón, a procesión marítima ou o Rock in Rian. Cada ano parece que o corpo non vai aguantar, pero realmente o que non aguanta o corpo é estar sen desfrutar das grandes festas de Rianxo.

Seguir lendo

Todas as fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2017

22 Set

Fotos da Guadalupe 2017: a festa da escuma

19 Set

Un dos momentos máis divertidos das festas vívese o venres ao mediodía. Ás 13.00 horas, nenos e non tan nenos xúntanse na praza para desfrutar da festa da escuma.

Seguir lendo

Fotos da Guadalupe 2017: Rianxolandia

19 Set

O venres foi o día dos máis cativos, onde puideron saltar, correr e desfrutar de inchables e demais xogos de Rianxolandia.

Seguir lendo

Vídeos da Guadalupe 2017: a Rianxeira popular

18 Set

Tiñamos pendente publicar os vídeos da Rianxeira popular, que como todos os anos se toca durante o feirón mariñeiro.

Seguir lendo

Fotos da Guadalupe 2017: o último día

17 Set

Un ano máis, case sen darnos conta, pasaron os oito días das Festas da Guadalupe. E coma sempre, despedímolas por todo o alto coa noite máis máxica do ano. Esa na que a Rianxeira, o chamado segundo himno de Galicia, é coreado por miles de voces baixo o brillo de milleiros de bengalas.

Seguir lendo

Fotos da Guadalupe 2017: o feirón mariñeiro pola tarde

15 Set

[Álbum do feirón mariñeiro pola mañá].

Seguir lendo