Arquivo | A Guadalupe RSS feed for this section

Fotos das Festas da Guadalupe 2016: o feirón mariñeiro pola tarde-noite

17 Set

guadalupe-feiron-tarde-007

Xa está aquí a segunda parte das fotos do feirón mariñeiro, cun mometo moi emotivo, cando todos os veciños se xuntan para tocar A Rianxeira, o Pájaro Pinto, A Camposa e calquera outra cancións tradicional que se poña por diante.

Seguir lendo

Fotos das Festas da Guadalupe 2016: o feirón mariñeiro pola mañá

15 Set

guadalupe-feiron-manha-001

Así foi o feirón mariñeiro de Rianxo pola mañá. En breve as fotos pola tarde.

Seguir lendo

Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o taller de decoración de gorras

15 Set

arte-urbana-001

Unha das grandes cousas que ten a Guadalupe é que conta con actividades todos os días, moitas delas pensadas para os máis pequenos, para que vaian sentindo coma súas as festas. Esta foi unha delas, un taller para personalizar gorras e no que tamén podían pintar.

Seguir lendo

Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o festival TOSTA

13 Set

tosta-rianxo-1

Este ano, como novidade nas Festas da Guadalupe, celebrouse o festival TOSTA. Trátase dun evento que coincide coa capitalidade cultural de Donostia e no que se trata de difundir linguas minoritarias en Europa, como as de Frisia, Cornualles, Escocia, Irlanda, Gales e Euskal Herria, os lugares que forman parte do proxecto Tosta.

Seguir lendo

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o día das Juadalupeñas

12 Set

guadalupe-2016-juadalupenas-001

Un anos máis, a xornada das Juadalupeñas foi unha da que nos deu momentos máis divertidos e simpático cos xogos durante a mañá.

groove

Pola tarde, a comida e a festa seguiron no parque da Martela, con moita xente, como podemos ver na foto de Groove Amigos.

Seguir lendo

Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: os fogos artificiais

12 Set

Aínda que o ceo estivo algo encapotado, por sorte non houbo néboa e puidemos desfrutar dos fogos artificias o domingo á medianoite. O que si, foron moitos os rianxeiros que no medio do espectáculo pirotécnico levaron un bo susto por unha detonación un tanto estraña. Foi un estrondo máis grande do acostumado, que procovou que moitos deran un chimpo e incluso se comentaba que ao final non soaron as tres bombas do final, polo que non se sabía moi ben se estas estouparon antes do tempo, pero no propio peirao, en lugar de no ceo.

guadalupe-2016-fogos-726-2

Seguir lendo

Fotos e vídeos das Festas da Guadalupe 2016: a procesión do domingo

11 Set

procesion-maritima-guadalupe-2016-052

Hoxe, domingo, foi o día grande das festas, coa misa na honra da Virxe da Guadalupe e a posterior procesión marítima. Esta última estivo en perigo, pola néboa imperante na ría. Finalmente houbo sorte e foi levantando aos poucos, ata quedar un día marabilloso.

Seguir lendo

Fotos e vídeos da Guadalupe 2016: o chupitaso

10 Set

guadalupe-chupitaso-2016-001

Xa temos as primeiras fotos desta Guadalupe 2016 en Rianxo. Un ano máis, os máis novos ocuparon a praza de Castelao para dalo todo e celebrar a chegada dunha semana intensa de emocións e chea de parranda, música e bos momentos. Comentar que durante todo o día tiveron lugar actividades do festival TOSTA, pero que non puidemos asistir, polo que non temos fotos.

Seguir lendo

Orquestras que van actuar na Guadalupe 2016

6 Ago

A Comisión de Festas da Guadalupe acaba de publicar en primicia o listado das orquestras que van actuar a través do seu Telegram (http://buff.ly/2aIEs5m).

De novo actúan as grandes orquestras locais, Abanico (un clásico o Día das Juadalupeñas) e a Gran Parada (para o día das bengalas).

Pero non vai faltar a orquestra de moda, o Combo Dominicano, nin outras grandes como Aché ou os Satélites.

Todas as fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2015

24 Set

feiron2015

ultimodia2015

chupitaso2015

juadalupenas2015

festadaescuma2015

Rianxolandia2015

rockinrian2015

xoves2015

procesion2015