Tiñamos pendente publicar os vídeos da Rianxeira popular, que como todos os anos se toca durante o feirón mariñeiro.
Fotos da Guadalupe 2017: o último día
17 SetUn ano máis, case sen darnos conta, pasaron os oito días das Festas da Guadalupe. E coma sempre, despedímolas por todo o alto coa noite máis máxica do ano. Esa na que a Rianxeira, o chamado segundo himno de Galicia, é coreado por miles de voces baixo o brillo de milleiros de bengalas.
Fotos da Guadalupe 2017: o feirón mariñeiro pola mañá
14 SetA pesar da previsión de chuvia pola mañá, o día do feirón mariñeiro espertou cun sol marabilloso que fixo que os rianxeiros puideran desfrutar dunha gran xornada na rúa.
Fotos da Guadalupe 2017: xogos populares
14 SetOs máis pequenos puideron desfrutar dos xogos e xoguetes da era pre-internet e pre-electricidade no marco das festas da Guadalupe.
Fotos da Guadalupe 2017: marcha en bicicleta
13 SetCada ano, o clube cicloturista Castro Barbudo organiza dentro das Festas da Guadalupe unha marcha cicloturista. A idea é que pais e fillos desfruten dunhas horas en bicicleta.
Fotos da Guadalupe 2017: cultura urbana
13 SetUn ano máis os máis pequenos tiveron unha cita coa cultura urbana na praza da Virxe da Guadalupe coa cultura urbana. E aínda que a chuvia pola mañá non permitiu debuxar, pola tarde si que puidemos ver acrobacias no skate park e como os cativos practicaron co beat box.
Fotos e vídeo da Guadalupe 2017: o día de Padrón
13 SetNo día de onte tivo lugar dentro das festas da Guadalupe o Día de Padrón. O recibimento ás autoridades do concello de Rosalía de Castro estivo condicionado pola nubes, aínda que ao final a chuvia non fixo acto de presenza.
Fotos e vídeo da Guadalupe 2017: a festa das Juadalupeñas na Martela
12 SetTeño que dicir que era a primeira vez que acudía á festa das Juadalupeñas na Martela. Alí sorprendeume o ambiente. Para ser un luns había moitísima xente, moi bo ambiente e ganas de festa.
Fotos da Guadalupe 2017: os xogos das Juadalupeñas pola tarde
12 SetO día das Juadalupeñas seguiu pola tarde na Martela. Os xogos desta vez foron cousa do programa “O porquiño polo que vale”, da canle Telemiño, que chegou a Rianxo para repartir xamóns co noso veciño Duarte Galbán.








