Non perdas ningún dos eventos que hai programados no concello estes días. Destaca como sempre o concurso de carrozas en Taragoña, a festa de entroido no Araño e o baile en Isorna, así como as actividades no centro de Rianxo.
Entroido no colexio de Rianxo 2017
24 FebE aquí temos tamén os disfraces dos cativos de Rianxo. Baixo o lema da biblioteca, “Comer e ler, fante crecer” este ano desenvolveuse a temática desta celebración. Así que trunfou a cociña. Os galegos en xeral e os rianxeiros en particular somos de bo dente, así que don carnal tivo a súa particular homenaxe a través da comida, dos produtos típicos galegos e de programas que están a triunfar entre pequenos e non tan pequenos. E por suposto, ademais de bos alimentos, que na casa non falten grandes libros.
Fotos, vídeos e crónica da V BTT Concello de Rianxo e II Andaina Concello de Rianxo
21 FebUn ano máis, a Peña Cicloturista Castro Barbudo deixou o listón moi alto, xusto o ano no celebra o seu 20 aniversario. E celebrouno nun evento que reuniu a máis de 750 deportistas de toda Galicia. En concreto estaban inscritas 120 persoas na andaina e 642 para as diferentes rutas en bici de montaña.

O Sal da Terra, a serie da TVG que ten lugar en Rianxo
9 FebOnte comezou na Televisión de Galicia “O Sal da Terra”, un programa que ten lugar en Rianxo.
Non é o típico formato de televisión, xa que é unha mestura entre serie de ficción, reportaxes e receitas cociña, pero a verdade é que está simpático. A idea xira arredor de Carmela, unha muller que se viu a vivir a Rianxo. Alí múdase tamén o seu fillo Berto despois de quedar sen traballo e sen moza.
Carmela podemos ver como visita o mercado de Rianxo, como vai mercar ao posto da Montañesa e tamén como visita diferentes postos no mercadillo na praza da Guadalupe. Ademais, tamén vai coñecer o Museo do Mar, onde lle explican a arte tradicional do xeito, coa que se pescan as xoubas.
Como curiosidade, indicar tamén que colaboraron varios compoñentes do grupo de Teatro Airiños. En concreto Raquel, Xián, Ramona e Saro.
A Coral do Liceo Marítimo de Rianxo sobre o dique de Baltar
31 XanDe novo un curioso documento audiovisual. A Coral do Liceo Marítimo Rianxeiro canta “Son de Rianxo” enriba do dique de Balta, cando daquela aínda chegaba ata alí a auga. É unha gravación dos anos 90 do programa “Desde Galicia para el mundo” de TVE e recollido pola
Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo).
Así foi o traslado e a misa de corpo presente de Castelao en Bos Aires
24 XanDe novo a Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo) volve ofrecernos un gran documento na rede. Desta vez o traslado dos restos de Castelao polas rúas de Bos Aires e a misa de corpo presente na basílica de Santa Rosa de Lima, ao tempo que se entrevista ao presidente do Centro Galego da capital arxentina e a Luís Sobreira, Presidente do Instituto Argentino de la Cultura Gallega.
Video promoción Rianxo
19 XanVideo que se fixo de Rianxo para promocionar o concello na feira Fitur, que se está a celebrar estes días en Madrid.
Fotos da Gala do Piragüismo Galego 2016 en Rianxo
17 Xan
O sábado, 14 de xaneiro, tivo lugar en Rianxo a Gala do Piragüismo Galego 2016. O auditorio foi o escenario dun evento presidido pola secretaria xeral do deporte, Marta Míguez, ao tempo que estivo acompañada polo alcalde do Concello, Adolfo Muiños, o concelleiro de deportes Xusto Ordoñez, o presidente da federación galega, Alfredo Bea e do presidente do Club de Piragüismo Rianxo, Tino Rodríguez.
700 deportistas participarána na V Marcha BTT Concello de Rianxo
15 Xan
Dentro dun mes, o domingo 19 de febreiro, as rúas de Rianxo encheranse un ano máis de deportistas. Será grazas á V Marcha BTT Concello de Rianxo organizada pola peña Castro Barbudo. De feito, haberá 100 persoas que participen na andaina de 20 quilómetros e 600 ciclistas que percorrerán unha das tres rutas dispoñibles.


