Brazos fortes para botar unha man

24 Xul

Grazas a Bea, hoxe colgamos esta simpática imaxe que podedes atopar nunha farmacia-óptica de Rianxo (de seguro que sabedes cal é). O caso é que para acceder hai que subir unhas escaleiras incómodas, é dicir, non é un sitio adaptado para todos os públicos. Pero como ao final non falta boa vontade e imaxinación, á xente maior ofrécenlle “unha man amiga para subir con tino”. Mentres, as “mamás activas” teñen á súa disposición uns “brazos fortes” para subir o carriño dos bebés 🙂

Canto custaba un xelado hai medio século?

23 Xul

xelados

Arantxa Muñiz, do restaurante Feliciano, pásanos este cartel de xelado de 1966, de hai 48 anos. Podemos ver o que subíu o nivel de vida neste tempo mirando o prezo dos xelados e facendo unha comparativa con hoxe en día.

Seguir lendo

Actividades culturais en Rianxo, a finais de xullo de 2014

22 Xul

Este fin de mes vén repletiño de cultura e animación no Concello. Así que vos deixamos a programación do 23 ó 27 de xullo en Rianxo, que ten de todo e para tod@s!!!

Comeza o mércores 23 coa presentación do libro do finado Manuel Dourado Deira titulado O Primeiro Retorno de Castelao. Presentarase na casa do Concello ás 20:30 horas.

primeiro retorno castelao

Seguir lendo

XI Bandeira Traiñeiras Concello de Rianxo

21 Xul

Antía cor

O pasado sábado, 19 de xullo, celebrouse no porto de Rianxo a XI Bandeira de Traiñeiras “Conserveira de Rianxo – Concello de Rianxo”, pertencente á LGT-B. Había nin máis nin menos que 6.000 euros en premios para repartir entre os nove participantes.

Seguir lendo

Festival Internacional de Danza

17 Xul

img_0009

Onte mércores 16 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza Castelao tivo lugar un Festival Internacional de danza no que participaron a agrupación Muzsla Néptancegyüttes de Hungría e o Ballet Folclórico Municipal de Rancagua de Chile.

Deixámovos unhas fotos do  espectacular Ballet chileno que fixeron vibrar @s asistentes a este festival que terá continuidade o ano que ven con dous grupos mais que nos amosaran a cultura doutros países.

Seguir lendo

O patrimonio escondido e esquecido de Rianxo: a mámoa de Piñeiro

16 Xul

Hoxe vouvos falar dun descubrimento que realmente non é tal, pero que serve para amosar a gran riqueza arqueolóxica que temos en Rianxo. E o gran descoñecemento que temos dela (aínda que ás veces dá medo que os vándalos saiban destes temas).

O caso é que un día, indo pola autovía do Barbanza, pareceume ver un cartel un tanto estraño nunha das beiras da estrada. “Que Deus che conserve a vista!”, díxome unha vez un mestre na EXB.

mamoapineiro1

 

Seguir lendo

A orquestra Superfama

16 Xul

Hoxe queremos reproducir aquí unha reportaxe de Ana Carlota Gil para o xornal La Región. O caso é que están a realizar artigos sobre diferentes agrupacións musicais galegas, e tamén lla fixeron a Superfama, que é unha orquestra de Rianxo. Velaquía a súa reprodución.

Seguir lendo

Información básica da Guadalupe 2014

15 Xul

G14

Xa están aquí, xa non queda nada para as nosas queridas festas da Guadalupe 2014!!!

Por iso, e para ir quentado motores deixámos aquí un par de enlaces interesantes para facer seguimento do que proximamente vai acontecer:

A páxina das festas no Facebook: https://www.facebook.com/guadaluperianxo?fref=nf

A nova páxina web: http://www.guadaluperianxo.org/

A páxina das Juadalupeñas: https://www.facebook.com/juadalupenas.rianxo?fref=ts

E tamén o enlace para participar no XI Feirón Mariñeiro ( http://www.guadaluperianxo.org/feiron), que este ano se celebrará o 18 de setembro, e para o cal xa están abertas as inscricións ata o vindeiro 24 de agosto

feirón

Xa non queda nada e, este ano, coma os anteriores, estaremos para amosarvos fotograficamente o que vaia acontecendo.

Saúde e MOITA FESTA!

Cartel das festas de Taragoña, 2014

11 Xul

Para o vindeiro fin de semana celebraranse na parroquia de Taragoña as súas festas do verán.

Durante os catro días de festa, poderemos desfrutar de grandes orquestras como  Abanico, Olympus, Capitol… Ademais de charangas, gaitas, bandas de música: cartaz Taragoña

Cartel das festas do Carme de Rianxo, 2014

10 Xul

O 11, 12 e 13 de xullo celébranse en Rianxo as festas do Carmen, coas orquestras Trovadores, D’Moda, Pasarela e Trébol. Para a semana tocaralle o turno á mesma celebración, pero na parroquia de Taragoña, coas súa festa grande.