Saraiba e mal tempo

10 Feb

Pode semellar neve, pero non, é saraiba. A imaxe está tomada no Araño e xa vedes que o mal tempo non só é chuvia, vento e frío.

saraiba

Concerto de María Xosé Silvar (Sés) en Rianxo

6 Feb

O próximo día 15 de febreiro ás 21:00 horas teremos un gran concerto en Rianxo, xa que Sés presenta o seu novo disco “Co Xenio Destrozado”, no Auditorio de Rianxo

As entradas están á venda na cafetería Castelao Rianxo e na Cervexería Gallaecia. Tamén podedes reservar e recoller en taquilla o día do concerto os tickets, pero hai que enviar un mail a info@dezetapro.com

O prezo é de 10€.

Ses_CoXenioDestrozado

Como sinalan dende a promotora do concerto, “se algo podemos destacar de Sés é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido”.

“Co xenio destrozado” é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.

Gravado nos estudios Bruar, da Coruña, e producido por María Xosé Silvar, a propia  SÉS,  neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011 Admirando a condición, o primeiro disco de Sés (o nome “caseir”» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.

Así que, xa sabedes. Se queredes pasar unha boa velada escoitando mellor música, alí nos vemos!

Actos Castelao 2014

4 Feb

O venres 31 de xaneiro presentouse no auditorio rianxeiro a revista do mes de xaneiro de A Voz de Barbantia e tamén o libro de Anxos Sumai  A lúa da colleita. Ó acto asistiron o alcalde Adolfo Muíños, a autora do libro e os tamén escritores Antón Riveiro Coello, Iria Lago e Uxía Casal.

Image

Seguir lendo

José María Vicente, o descubridor do casco de ouro de Leiro

24 Xan

josemaria1

Abril de 1976. En Estados Unidos acábase de fundar un xigante tecnolóxico, Apple. Mentres, en Rianxo, José María Vicente (25/05/1936) un mariñeiro de Leiro, está a traballar. O choio é o choio e os tempos son os que son. Andan a roubar o gasoil para os barcos, botando nas garrafas auga, para que a xente non desconfiase, pero iso despois trae consecuencias para os motores.

Seguir lendo

Actos Castelao 2014 e xira da Escola de Música de Rianxo

22 Xan

Xa están dispoñibles as actividades a desenvolver polo concello de Rianxo con motivo dos actos Castelao 2014.

Image

Seguir lendo

De Rianxo a Santiago en 2 minutos

21 Xan

Non vos mareedes 😉

II Marcha BTT Concello de Rianxo

20 Xan

O 23 de febreiro de 2014 terá lugar a II Marcha BTT Concello de Rianxo organizada polo club Castro Barbudo. Ao igual que o ano pasado, terán 3 dificultades (27, 40 e 60 km) para dar cabida a todos os amantes da bicicleta tanto principiantes como os mais veteranos.

Hai un límite de 500 participantes e a inscrición custa 6€. Medio cento de persoas xa están apuntadas. Se te queres animar, podes apuntarte aquí http://www.championchipnorte.com/evento/inscribirme/id/93

marchabtt2014

Presentación de Rianxo Fala

19 Xan

María, a cabreira de Campelo

17 Xan

cabreira1

María é de Campelo. Mentres paseo en bici polo monte véxoa nun alto, ao pé do camiño, arrimada a un can e rodeada de 20 cabras. Párome uns metros máis adiante, pensando en se é interesante ou non para a exposición Ruando Rianxo e decido dar volta e falar con ela.

Seguir lendo

Fotos da exposición de Ruando Rianxo

16 Xan

Velaquí algo que nos pedíades: a recompilación de todas as fotos que forman parte da exposición Ruando Rianxo. Cal vos gusta máis?

Andres Lojo Angeles Figueira

Seguir lendo