Tamén chamado por todos a “ruta do colesterol” e que se adoita encher de xente á noitiña para baixar eses quilos de máis e para desfrutar da paisaxe.
Fotos das festas do Araño
11 AgoCada primeiro domingo de agosto celébrase na parroquia rianxeira do Araño a romaría da Virxe dos Milagros. Hai misas dende as 8 da mañá (desta vez cun cura xubilado porque o da parroquia estivo indisposto dende primeira hora) e ata a 1 do mediodía, cando se celebra unha misa con procesía incluída.
As misas son ao aire libre, nun descampado que hai pegado á igrexa e ao camposanto do Araño. Ao redor rosquilleiras, postos con xoguetes e sandías, velas e o típico bar da comisión de festas.
Pero a min, o que máis me segue a chamar a atención son os cartos que lle colocan á virxe no pelo, con billetes de ata 100 euros este ano, e que van gardando pouco a pouco ao longo das diferentes misas.





Rianxo, vila mariñeira
15 XulHoxe déixovos outra foto de Rianxo, cos seus barquiños a carón do paseo marítimo e as casas da ribeira e o campanario da igrexa nunha esquina.

A vila de Rianxo
Escultura na honra de Manoel Antonio
11 XulOutro dos grandes literatos foi Manoel Antonio, o chamado poeta do mar. Nacido en Rianxo, o certo é que a súa obra non foi moi prolífica, porque morreu de noviño na parroquia rianxeira de Asados, con 29 anos, a causa dunha enfermidade. Unha das súas obras máis famosas foi De catro a catro, con eses grandes versos por todos coñecidos “Fomos ficando sós, o mar, o barco e mais nós”.

Busto de Manoel Antonio, o poeta do mar, en Rianxo
A casa de Rafael Dieste
11 XulVelaquí a casa dun dos máis ilustres personaxes de Rianxo, Rafael Dieste. Como ben recolle a Galipedia, naceu en Rianxo en 1899 e finou en Santiago de Compostela en 1981. Hoxe en día é ben coñecido por ser un escritor galego que pertenceu á chamada Xeración do 22. Cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan A fiestra Valdeira e Dos arquivos do Trasno, tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo. A el atribúese en boa parte a creación do denominado Teatro Nacional Galego.

A praia de Tanxil
2 XulChega o verán e moitos queren ir á praia de Tanxil, o areal por excelencia do noso concello.


Muíño de vento
9 Xuñ
Como ben sabedes, o monte do Araño está chegos de xigantes flores brancas, que en lugar de moverse co sol buscan o vento e desfrutan con el movéndose sen parar.



