Unha pena que as bonitas casas antigas se vexas moitas veces así: caendo a cachos e nun estado lamentable. Por que non ninguén se encarga de que as arranxen? É mellor seguir construíndo urbanizacións?
O hórreo máis grande do mundo
17 Out
Aínda que moita xente pensa que o hórreo máis grande de Galicia e, polo tanto, do mundo, está en Carnota, realmente está en Rianxo, na parroquia do Araño. Mide 37,05 metros, fronte aos 36,53 m. do de Lira e aos 34,74 m. do de Carnota.
O cabalo, o pantalón curto e as pistolas
6 Out
Sempre era unha grande ocasión hai anos poder sacarse unha foto. Desta vez o meu tío Che, o seu curmán Moncho e o meu outro tío Jaime fan as veces de vaqueiros. Só faltaban os indios.
A bici, o traxe e o palleiro
4 Out
Os meus tíos Che e Jaime posan vestidos de domingo e fachendeando de bicicleta nova.
Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2009
24 SetDespois de tantas fotos, decidín facer unha entrada resumo para que poidades acceder dende aquí as fotos que vos interesen. Clicade na imaxe e xa iredes ás fotos correspondentes.
Se alguén está interesado nalgunha foto ou sae nalgunha imaxe e quere que a elimine do blog, por favor, poñédevos en contacto comigo no correo que poderedes atopar na pestana de “Info”.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: o día das Juadalupeñas
24 SetUn dos días máis agardados das festas, sobre todo polos máis novos, é o día das Juadalupeñas, coas súas probas estrela: a carreira de contedores e o escachamento de ocho na cabeza.

Catro equipos compiten entre si na carreira de contedores

E algún sempre sae mal parado





















E para rematar a mañá das Juadalupeñas, a sesión vermú co Abanico
Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: Rianxolandia
22 SetO venres 18 de setembro os nenos desfrutan con todas as atraccións de balde que hai na ribeira.







A ponte do paseo marítimo de Rianxo
8 SetCamiñando polo paseo marítimo de Rianxo, para unir a costa de Taragoña coa de Rianxo, hai unha bonita ponte de madeira pola que podemos chegar á praia da Torre. Coa marea baixa podemos ver centos de muxos aproveitando que o río Té está baixo. E coa marea alta podemos desfrutar da bonita desembocadura que une o Té coa ría de Arousa.




Elvina: 88 anos de vitalidade
1 Set













