A Semana Santa 2016 de Rianxo comezou xa hai uns días, pero os principais actos van ter lugar esta semana. Mañá haberá vía crucis, o xoves pola noite procesión, mentres que o Venres Santo terá lugar o Santo Encontro, o Desencravo e o Santo Enterro.

A Semana Santa 2016 de Rianxo comezou xa hai uns días, pero os principais actos van ter lugar esta semana. Mañá haberá vía crucis, o xoves pola noite procesión, mentres que o Venres Santo terá lugar o Santo Encontro, o Desencravo e o Santo Enterro.


Rianxo vai ser a primeira localidade en acoller un abradoiro do Instituto de Estudos do Territorio. Pode inscribirse calquera veciño e alí poderanse expresar as ideas ou opinións relativos a temas de calidade paisaxística, medidas de protección, planificación e xestión da paisaxe.
Vistas da parroquia de Taragoña, Rianxo e Asados dende o Castro Barbudo neste vídeo en timelapse:
Velaquí un vídeo en timelapse dende o porto de Rianxo, co sol poñéndose na Serra do Barbanza.

José Norberto Uzal Tresandi, que ata o de agora era número dous do PP de Rianxo e, como tal, edil no Pleno da Corporación Municipal, vai abandonar o seu cargo. As razóns que o levaron a tomar esta decisión son puramente profesionais, como indica o propio Uzal.
Os propietarios das fincas afectadas polo viaducto do AVE ao seu paso por Isorna están en pé de guerra. E non é para menos. Séntense enganados despois de dar todas as facilidades para construír unha obra que consideran de interese público. Sete anos despois, as fincas produtivas nas que levan anos traballando, son unha especie de pedregal que en nada se parece aos terreos que tiveron que deixar. E reclaman, como é lóxico, que a empresa deixe as fincas non de calquera maneira, senón intentando que queden en condicións moi semellantes a como se entregaron.
Por culpa do mal tempo, as carrozas de Taragoña tiveron que atrasarse ata hoxe. O tempo, por sorte, estivo de 10, polo que acompañou o evento, onde houbo un alto nivel, con cinco participantes.
Francisco Alcalde (1973), coñece ben o mar. Antes de ocupar a presidencia no Consello Regulador do Mexillón de Galicia foi produtor. Natural de Taragoña, coñece a importancia que ten o sector para a economía local e costeira de Galicia. Por iso é unha das voces críticas da Lei de Acuicultura, contra a que toda a xente do mar se uníu como unha piña en Fuenteovejuna.

Onte pola tarde, no pavillón polideportivo de Rianxo, celebrouse o día do deporte choqueiro, con hinchables e obradoiros. Aquí algunhas imaxes do que deu de si a xornada.