A deportista rianxeira Cristina Noya Río, quen conta con grandes títulos ás súas costas, como o Campionato de España na modalidade C-1 sénior en 200 metros, estará este venres no Campionato do Mundo na modalidad de C2 sub 23 mulleres. Sen dúbida, xa un merecido premio para o Club Piragüismo Rianxo, canteira de grandes palistas como a propia Cristina.
Falece o médico e concelleiro Ricardo Besada
22 Xul
De novo, no día de hoxe, temos que dar conta dunha tráxica noticia que afecta á corporación municipal. José Ricardo Besada Gesto faleceu esta pasada noite. Era un veciño coñecido en todo Rianxo, non só por ser concelleiro senón, sobre todo, por ser un médico. Moitos veciños tíñano de médico de cabeceira, e de seguro que algunha vez nos coincidiu en urxencias de velo no centro de saúde, onde levaba traballando varias décadas.
Fotodenuncia: sen espazo para transitar
22 XulUnha lectora do blog de Asados mándanos esta fotografía a modo de fotodenuncia do que acontece nunha das estreitas rúas da Atalaia, polo que case non poden transitar.
Artefacto incendiario en Rianxo ou bengala marítima?
21 XulUn veciño de Abuín, en Leiro, denuncia a través da súa conta no Twitter que onte pola tarde caeu un suposto artefacto incendiario diante súa casa. Na fotografía, difundida por Julio Tubío, pode apreciarse o dispositivo. Abaixo de todo entendemos que estaría o resorte que prendería o lume, xa queimado.
Rianxo continúa baixando a súa débeda, pero aumenta o prazo no que paga a provedores
20 Xul
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas acaba de facer público o informe sobre a “débeda viva” das entidades locais a peche de 2014. Nel podemos observar como do 2011 ao 2014 os cartos pendentes de pagamento en Rianxo se reduciron ata a metade.
Festival Internacional de Baile Tradicional
20 XulActualización: por mor do falecemento do concelleiro Ricardo Besada, esta actividade queda suspendida.
Un ano máis terá lugar no noso concello o Festival Internacional de Danza. Será o mércores 22 de xullo na Praza Castelao ás 22.00 horas. Nesta ocasión participarán o Grupo Etnográfico de Boa Nova de Funchal (Illa de Madeira, Portugal) e un grupo holandés folclórico de imposible dición para un galego coma min (Achterhookse Folkloredansers de Ruurlo). Ademais, visto o cartel, os holandeses están en pleno forma, porque máis que bailar semella que fan acrobacias.

Festival Antrospinos 2015
20 XulEste ano celébrase a oitava edición do Festival Antrospinos. E como eles mesmos indican, nesta ocasión “volvemos ás raíces”, polo que “o Antrospinos orixinal renace en formato romaría e con concertos en familia”. Por esa razón animan a todo o mundo a “brindar polos vellos tempos”.
A festa comezará o venres, no Curral do Marqués de Taragoña. E seguirá o sábado 25 de xullo en Campo Maneiro. Ademais da tradicional matraquillada despois de comer, contarán pola noite con varios grupos e DJ.

Curso da Universidade da Coruña sobre rehabilitación e exposición sobre António Menéres
20 XulHoxe comeza en Rianxo o Curso de Verán da Universidade da Coruña “De porto a porto. Estratexias de Rehabilitación“. No programa, que vai durar toda a semana, estudarase a nivel práctico a costa comprendida entre o Porto de Rianxo e Rinlo, así como os muíños, petróglifos, mámoas e demais elementos de interese da zona. Seguir lendo
Festa da Xouba de Rianxo 2015
16 Xul
Este ano a Festa da Xouba de Rianxo adiántase, para ofrecer novas propostas. Cumpre desta vez a súa 23 edición e durante o venres 17 e o sábado 18 de xullo poderemos desfrutar dunha ruta gastronómica da xouba por distintos locais do Concello, votando pola mellor preparación. Ademais, o sábado tocarán os Perucos.
Ademais, o venres, David Alcalde, do Toffe, ofrecerá un taller de cociña ás 17.00 horas no restaurante Pachín de Taragoña sobre as posibilidades da xouba.
O día grande seguirá a ser o 25 de xullo, que este ano cae en sábado. Haberá actuacións musicais, concurso de pratos coa xouba como elemento principal, regata de traiñeiras, inchables…





