Archive by Author

Festa en San Pedro de Vilas 2013

18 Xuñ

O próximo 29 de xuño, terá lugar en Asados a festa de San Pedro de Vilas.

Como nos indican dende a organización, trátase dunh “romaría pensada para todas persoas”, xa que para os maiores “hai misa cantada e dúo moi bailable despois de comer”. Para os pequenos da casa hai “un hinchable gratuíto e animación de 14 a 18 horas”. E para os que teñen ganas de marcha, hai “concertos nocturnos con dous grupos rock e dous DJ”.

Cartel_Vilas_2013

Que facía o cura de Rianxo durante a procesión do Corpus?

17 Xuñ

Realmente tampouco é que don Fernando, o cura de Rianxo, fixera unha cousa doutro mundo. Pero o que si choca é quen o fai e en que situación.

Sempre se comenta que os máis novos están pendentes do seu “mancontro”, que non fan máis ca whatsappear, estar no twitter ou estar hipnotizados por esa pequena pantalla chamada móbil no momento menos oportuno, como na hora da comida en familia ou ben no instituto, durante as clases.

Pero visto o visto, a dependencia do móbil afecta a todo o mundo. E aquí temos a demostración gráfica disto: o cura de Rianxo, en plena procesión do Corpus Christi 2013, falando polo móbil. Non sabemos con quen falaría nin se o tema era importante ou non, pero o certo é que se trata dunha imaxe máis ca curiosa e por iso a queríamos compartir con todos vós.

Cremos que polo de agora non ten whatsapp nin facebook, pero todo se andará 🙂

cura_mobil

Novos éxitos do Clube de Xadrez de Rianxo

15 Xuñ

A pasada fin de semana, o xadrez rianxeiro conseguiu grandes éxitos. En primeiro lugar, o equipo feminino infantil do Club de Xadrez de Rianxo proclamouse campión galego. Aí é nada.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Estas mozas quedaron campioas galegas infantís, no concello de Sober, en Lugo. Resultados:

CLUB XADREZ RIANXO 2.5 – ESCOLA LUGUESA DE XADREZ 1.5
E.X. PONTEVEDRA 0.5 – CLUB XADREZ RIANXO 3.5

Pola súa banda, Jorge Méndez Rial, quedou primeiro na VII Copa Galicia Maristas 2013 co Circuíto Galego Escolar 2013, celebrado en Ourense o sábado 8 de xuño.

Vídeo de Rianxo en branco e negro

14 Xuñ

Colgámosvos un novo vídeo feito por Begoña Rodríguez:

A balea que chegou a Rianxo, en 1917

12 Xuñ

Grazas a Rabunho Rexeita, podemos acceder a un documento único, un artigo de prensa na Gaceta de Galicia, no que se fala de que unha balea chegou á praia de Tanxil. O relato foi recollido máis adiante, no ano 1926, polo noso escritor Rafael Dieste, no seu libro Dos arquivos do trasno, baixo o título “De como veu unha balea a Rianxo“. A xente da zona quería facerse co cetáceo, e non dubidaron en pegarlle tiros, poñerlle dinamita e mesmo pegarlle machazados, pero ao final escapou. Como recolle Dieste, acabaría morrendo en Vilanova.

Agradacerlle a Rabunho Rexeita que nos deixe compartir o documento.

baleaPáxina completa en pdf.

 

II Trofeo Castro Barbudo

10 Xuñ

Este 15 de xuño terá lugar ás 17.00 horas o II Trofeo Castro Barbudo. A proba é puntuable en dous campionatos e realizarase nun circuíto de 5 quilómetros de lonxitude.

Maratón de fútbol sala en Rianxo

9 Xuñ

Os próximos días 6 e 7 de xullo as Juadalupeñas de Rianxo organizan un maratón de fútbol sala. O prazo de inscrición está aberto e hai catro premios máis que interesantes, de 800€ para o gañador, e de 500, 300 e 100€ para os seguintes.

Se queres inscribirte, aínda estás a tempo. Só tes que enviar un correo a cojurianxo@gmail.com ou ben chamar aos teléfonos 680473283 ou ben 680788892.

maraton

Vídeo de Rianxo… o paraíso existe

9 Xuñ

Realizado por Begoña Rodríguez:

Fotos da III Travesía a nado Vila de Rianxo

4 Xuñ

O pasaso domingo 2 de xuño, tivo lugar a III Travesía a nado “Vila de Rianxo”. A proba comezaba no peirao e facíase por fases, xa que había tres categorías, correspondentes a tres distancias: 900, 1.500 e 2.000 metros.

travesia11

travesia1

travesia2

travesia3

travesia31

travesia4

travesia5

travesia6

travesia61

Fotos do pazo de Brión

28 Mai

O Pazo de Brión en Leiro está pechado e hai unha gran cancela e un enorme portalon que non nos permiten ver o edificio. Non obstante, como o edificio está á venda, e San Google permite estas cousas, puidemos ver algunhas imaxes que están dentro do web da inmobiliaria Mundicasa.

Era o pazo da familia Torrado e crese que se construíu no ano 1310, pero reconstruiuse en 1610 e sufriu unha nova remodelación no ano 1786. O estilo pertence ao barroco compostelán. Fonte: arousanorte.net

Segundo a inmobiliaria, a propiedade consta de dúas fincas comunidades. A principal ten 2.150 metros cadrados, onde están todas as edificacións: vivenda, capela, hórreo, lagar, adega e xardín. A outra, de 1.600 metros, ten un pequeno cuberto e o resto destinouse a traballar a terra.

pazoprime
pazo6

pazo94