Xa se poden ver bastante avanzadas as obras do AVE ao seu paso por Rianxo, en concreto pola parroquia de Isorna. Xa se está tamén a traballar no que vai ser unha ponte que atravese o río Ulla e que permita ao tren de alta velocidade ir da provincia de Pontevedra á da Coruña, como se pode ver na imaxe.
Abandono en Rianxo
28 NovUnha pena que as bonitas casas antigas se vexas moitas veces así: caendo a cachos e nun estado lamentable. Por que non ninguén se encarga de que as arranxen? É mellor seguir construíndo urbanizacións?
Os lombos do Ulla
1 NovÉ unha das zonas máis ricas en berberechos da ría de Arousa. Alí van tanto mariscadores a pé como outros nas súas barquiñas cando se abre a veda.

O hórreo máis grande do mundo
17 Out
Aínda que moita xente pensa que o hórreo máis grande de Galicia e, polo tanto, do mundo, está en Carnota, realmente está en Rianxo, na parroquia do Araño. Mide 37,05 metros, fronte aos 36,53 m. do de Lira e aos 34,74 m. do de Carnota.
O cabalo, o pantalón curto e as pistolas
6 Out
Sempre era unha grande ocasión hai anos poder sacarse unha foto. Desta vez o meu tío Che, o seu curmán Moncho e o meu outro tío Jaime fan as veces de vaqueiros. Só faltaban os indios.
A bici, o traxe e o palleiro
4 Out
Os meus tíos Che e Jaime posan vestidos de domingo e fachendeando de bicicleta nova.
Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2009
24 SetDespois de tantas fotos, decidín facer unha entrada resumo para que poidades acceder dende aquí as fotos que vos interesen. Clicade na imaxe e xa iredes ás fotos correspondentes.
Se alguén está interesado nalgunha foto ou sae nalgunha imaxe e quere que a elimine do blog, por favor, poñédevos en contacto comigo no correo que poderedes atopar na pestana de “Info”.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: o día das Juadalupeñas
24 SetUn dos días máis agardados das festas, sobre todo polos máis novos, é o día das Juadalupeñas, coas súas probas estrela: a carreira de contedores e o escachamento de ocho na cabeza.

Catro equipos compiten entre si na carreira de contedores

E algún sempre sae mal parado





















E para rematar a mañá das Juadalupeñas, a sesión vermú co Abanico
Festas da Guadalupe de Rianxo 2009: o feirón mariñeiro
23 SetSen dúbida, o feirón mariñeiro é un dos días máis agardados das festas da Guadalupe de Rianxo, xa que se involucran todos os veciños. Non obstante, este ano a chuvia deslucíu o acontecemento pola tarde.

Exhibición de arqueiros

As rúas engalanadas con redes

Ata con herbas se pode facer música

Cestería

Un alfareiro en pleno traballo














