
“Dez anos de traballo e de esforzo. Dez anos de música galega e en galego. Dez anos de música de balde”. Así resumían dende o Rock in Rian o 10º aniversario do Rock in Rian.

“Dez anos de traballo e de esforzo. Dez anos de música galega e en galego. Dez anos de música de balde”. Así resumían dende o Rock in Rian o 10º aniversario do Rock in Rian.
Un ano máis as festas da Guadalupe comezaron co tradicional chupitaso, onde as peñas, os disfraces e as ganas de pasalo ben reinaron.
Seguir lendo

Chegou o día. Ou máis ben chegaron os oito días máis agardados do ano. Os que compoñen as festas da Guadalupe. Velaquí o programa diario, as orquestras e as actividades que terás nesta intensa festividade.
Este sábado, 9 de setembro, ás 14.00 horas, a nosa veciña Eva Iglesias será a encargada de inaugurar oficialmente as festas da Guadalupe. Farao lendo un pregón polo que di sentir unha gran “responsabilidade porque vai estar todo o concello pendente”. Así e todo, está “moi contenta e desexando que chegue ese día”.
O último día das festas da Guadalupe comezaba co festival de música Rianxo on Fire, que tivo lugar ao lado da praza da Manuela. Moi preto, centos de pais acompañaban aos máis cativos nas atraccións, mentres miles de persoas tomaban algo nas terrazas ou bailaban na praza de Castelao.
Ducias e ducias de rapaces e non tan rapaces xuntáronse na praza de Castelao para celebrar a festa da escuma. Como curiosidade, dicir que este ano a escuma era diferente. Non tiña tanto volume, polo que non cubría a xente e era máis divertido moverse e xogar. Vamos, que os pais de seguro que o agradeceron.
Un dos días máis agardados polos nenos é o venres da Guadalupe, no que ten lugar Rianxolandia. Alí hai diferentes atraccións nas que os pequenos poden brincar, xogar, rir e pasar a mañá e a tarde cos seus amigos.
Xa temos varios vídeos do que foi a Rianxeira popular nos xardíns da Ribeira, onde os veciños se xuntan para cantar, tocar e bailar.
A Rianxeira. Vídeo de Carlos Ces:
E aquí outra perspectiva, xa gravada por nós:
Rianxo Pájaro Pinto:
A canción dos pitiños:
Bailando A Camposa: