De novo, o último día da Guadalupe, o venres, foi festivo local. Os cativos non tiveron escola, polo que puideron desfrutar un montón de todas as actividades e xogos de Rianxolandia.
De novo, o último día da Guadalupe, o venres, foi festivo local. Os cativos non tiveron escola, polo que puideron desfrutar un montón de todas as actividades e xogos de Rianxolandia.
O luns 16 celebrouse por primeira vez en Rianxo un festival de música alternativo, o Rianxo on Fire. Viñeron un feixe de grupos, con distintos estilos e mesmo DJs. Eu teño que dicir que fun nun momento pola tarde e noutra de noite (xa sen cámara). Pola tarde case todo o mundo estaba preto do polideportivo, coas Juadalupeñas, polo que foi unha pena que coincidiran dous eventos ao mesmo tempo, xa que isto de seguro que lle restou público. E pola noite teño que dicir que facía un frío na praza da Guadalupe que metía medo.
De novo, un dos momentos máis agardados polos rianxeiros foi o do feirón mariñeiro, no que cada vez nos involucramos máis. Só hai que ver a xente que vai ataviada de época polas rúas. E, de novo, a cantidade de persoas que van cos amigos, a gaita ou un tambor e amenizan con música a xornada.
Como cada domingo de festa, á medianoite todas as luces da Ribeira apagáronse para que puidésemos desfrutar das cores, formas e brillos que nos brindan os fogos de artificio. Velaquí un pequeno resumo do que foi o espectáculo pirotécnico.
O domingo pola tarde, na praza de Rafael Dieste tivemos ocasión de ver actuar a Vai de Roda e a dous grupos convidados por este: Taranvainas (Vigo) e Rancho Folclórico de Rebordoes, Santo Tirso (Portugal). Velaquí algunhas fotiñas sacadas por Xoán Antón Castro durante o acto, do que desfrutaron centos de rianxeiros:
De novo, un gran traballo da Comisión de Juadalupeñas, que trouxo a Rianxo a Medomedá, á Compañía do Ruído, Terbutalina e Sonoro Maxín. En total, 7 horas de boa música nun gran festival. Velaquí unhas poucas fotos.
Neste 2013 tivemos un pregoeiro de excepción: o actor e monologuista Carlos Blanco. Nada máis comezar xa dixo que lle comentaran que o ía ter complicado, que era difícil iso de dar o pregón en Rianxo. Así e todo, comentou que como “o currara”, pois que o ía ler.
Ás veces non somos conscientes de todo o traballo que require organizar e pagar unhas festas. Por iso nos parece un interesante exercicio ver de onde se sacan os cartos e canto diñeiro fai falla para celebrar unhas festas parroquias. Moi acertadamente, para que se valore o seu traballo, dende a Asociación de Festas do Araño publicaron os seus gastos e ingresos.
Aquí está o cartel das festas, tres días coas orquestras Os Ánxeles, Bahía Blanca, D’Noche, La Torre, Brujas, Dúo Óbice, gaiteiros e fogos.

A isto habería que sumar outro día coas festas de Buhía:

Canto credes que custa?
Queremos agradecer publicamente a Rafael Caamaño, de Disteva, por facernos chegar estas fabulosas fotografías antigas do noso Concello que son un gran documento histórico e social: