Se pola mañá o Día das Juadalupeñas consiste en diferentes xogos na praza de Castelao, pola tarde o escenario e o ambiente cambia radicalmente. Na urbanización da Martela os mozos bailan ata desgastar as zapatillas, baixo unha capa de po de cores que non deixa de caer. Repamos en imaxes e vídeos como foi a festa.
Día das Juadalupeñas 2019 nas festas das Guadalupe de Rianxo
16 SetUn ano máis, graciñas á Comisión de Juadalupeñas que tanto o curra durante todo o ano. Non só polo Rock in Rian, senón tamén para desfrutar dun Día das Peñas no que non falta de nada.
Fotos e vídeos da procesión marítima das festas de Guadalupe de Rianxo 2019
15 SetO domingo é o día da Moreniña. É a xornada na que a Virxe da Guadalupe suca as augas da ría de Arousa para achegarse ata Tanxil. É o momento no que miles de persoas lle rezan e a acompañan con devoción e cariño.
Pregón do CD Unión nas festas da Guadalupe de Rianxo 2019
14 SetO CD Unión foi o encargado de dar o pregón nas festas da Guadalupe deste ano. O clube de fútbol de Asados cumpriu nin máis nin menos que 50 anos de vida e ben merecía un recoñecemento e que fosen os encargados de darlle a benvida ás festas de Rianxo.
Vídeo e fotos do chupitaso nas festas da Guadalupe de Rianxo 2019
14 SetHabía calor na Praza de Castelao. Calor de festa, de amigos, de risas e de música. Así que os 22º de temperatura só acompañaron o sentimento de centos de rianxeiros que comezaron a Guadalupe como é tradición, coa conta atrás para un chupitaso que inicia 8 días de festa.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2019: cartel, orquestras e programa
6 SetNon queda nada para os 8 días máis festieiros do ano. O fin oficial do verán e o inicio da depresión. O momento no que o calendario comeza a contar para atrás, ata as seguintes festas da Guadalupe. Velaquí o programa completo da edición deste 2019.
Fotos das festas da Virxe dos Milagres do Araño 2019
5 AgoAntes de nada, darlle a noraboa á comisión de festas do Araño, que fixo un traballo marabilloso durante todo o ano para que os veciños do Araño tivésemos tres días de celebracións. A nosa felicitación!
Imaxes do entroido de Rianxo 2019: carrozas e enterro do Toribiño
10 MarCompartimos con vós as fotos das carrozas e do enterro do Toribiño do entroido de Rianxo 2019.
Fotos de entroido as escolas de Asados e de Rianxo
2 MarChega unha das festas máis divertidas do ano, o entroido. Ademais, faino cun tempo moi primaveral, polo que se agradece dobremente poder saír de festa e desfrutar disfrazado. Os primeiros choqueiros que vimos en Rianxo este ano foron os alumnos das escolas de Asados e de Rianxo, que desfilaron polas rúas xunto aos mestres. Velaquí algunhas das imaxes.
Fotos da cabalgata dos Reis Magos en Rianxo 2019
5 XanAs nenas e os nenos de Rianxo viviron hoxe o comezo dunha xornada máxica. Os Reis Magos chegaron ata a vila para saudar aos centos de cativos que os agardaban nerviosos despois de portarse ben todo o ano.