
Se andas con mono de festa, non te preocupes porque a parroquia de Leiro celebra as súas grandes festas parroquias. E faino, como todos os anos, por todo o alto.

Se andas con mono de festa, non te preocupes porque a parroquia de Leiro celebra as súas grandes festas parroquias. E faino, como todos os anos, por todo o alto.
O sábado 2 de setembro tivo lugar o I Tríatlon Concello de Rianxo. Trátase dunha proba onde os deportistas que compiten combinan natación, ciclismo e carreira a pé.
No noso concello, as escolas de Cuvide, do Cruceiro, de Outeiro, da Capela, do Pazo, de Rañó, de Abuín e de Quintáns, forman parte dos Colexios Rurais Agrupados de Rianxo. A ANPA Irmáns Insua que aglutina estes colexios, lanzou un vídeo co de “animar as familias a matricular os seus fillos nas escolas do CRA, xa que algunhas debido, á baixa matriculación teñen o risco de pechar. Algo que sería unha pena”.
Hai que lembrar que lembrar que no 2013 pechou a da Vacariza, antes pechou a de Buía e hai unhas semanas coñeciamos a triste noticia do peche de varias escolas en Galicia, algunhas delas con moitos nenos.
Nesta ocasión as nais e pais cóntannos que tal a súa experiencia nestas escolas, que nada teñen que envexar a outras grandes.

Este ano o entroido vén cargadiño de fotos. Desta vez é a ANPA do Colexio Rural Agrupado Irmáns Ínsua de Rianxo quen nos facilita as imaxes da festividade. Este ano os centro a celebración tivo lugar na escola de Abuín, en Rianxo. O CRA de Rianxo abarca as escolas rurais de Cuvide, Cruceiro, Outeiro, A Capela, O Pazo, Rañó, Abuín e Quintáns.
Grazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.

Esta semana cúmprense 40 anos dende que José María Vicente, un veciño de Leiro, atopou o famoso casco de ouro. Para celebrar este aniversario, o xoves 7 de abril terá lugar unha mesa redonda no Auditorio Municipal, ás 20 horas, onde estará o propio descubridor, o xornalista e experto Manuel Gago, a doutora e profesora da Universidade de Vigo Bea Comendador ou o Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, Roberto Pena Puentes.
Non deixes de acudir ao evento ou de ler a entrevista que lle fixemos no seu día a José María Vicente.

Sabemos que hai moita xente impaciente por esta entrada coas fotos e a crónica da cuarta edición da BTT Concello de Rianxo, que ademais este ano, como novidade, tamén foi andaina. E aquí a tedes. Faltan algunhas fotos por saír do forno, pero xa temos listas máis de 2.750 imaxes, polo que tedes para buscarvos e buscarvos.