O domingo 7 de agosto tivo lugar a romaría da Virxe dos Milagres do Araño. Este ano non houbo festa como tal, pero si as tradicionais misas, na capela que está preto da igrexa. Durante toda mañá a calor foi a gran protagonista, pero iso non impediu que moitos devotos se achegasen ao lugar dende a primeira hora.
Restauración do cruceiro de Pousada, no Araño
5 Xuñ
Hai 15 días, o lugar de Pousada, no Araño, volveu recuperar o seu cruceiro, despois de que no ano 2009 se partise. O motivo foi un temporal, que provocou que caese ao chan, partíndose en varios cachos, como se pode ver nas imaxes.
Seguir lendo
Subida ao Pico Muralla
9 AbrA finais deste mes, en concreto o 24 de abril, terá lugar I Trail 500 verticais Pico Muralla – Concello de Rianxo, organizado tamén pola Asociación Barbantia Roda.
Para os que vos preguntades que é iso do trail, vén a ser algo así como unha modalidade deportiva na que corres por camiños e corredoiras no monte, cruzandoi regueiros e tamén un importante desnivel. Neste caso, o terreo para desfrutar deste deporte será o monte do Araño, xa que os participantes sairán do lugar da Hermida (O Araño) ás 11 da mañá para subir ata o Pico Muralla. Un desnivel nin máis nin menos que de 530 metros en 6 quilómetros. O punto de chegada será precisamente o Pico Muralla, que con 678 metros é o punto máis alto de Rianxo, cunhas vistas espectaculares.
Se desexas participar, podes inscribirte no I Trail 500 verticais Pico Muralla dende esta web.
Fotos e crónica da IV BTT Concello de Rianxo
25 Feb
Sabemos que hai moita xente impaciente por esta entrada coas fotos e a crónica da cuarta edición da BTT Concello de Rianxo, que ademais este ano, como novidade, tamén foi andaina. E aquí a tedes. Faltan algunhas fotos por saír do forno, pero xa temos listas máis de 2.750 imaxes, polo que tedes para buscarvos e buscarvos.
Proba de pastores alemáns no Araño
24 Feb
Esta fin de semana tivo lugar no Araño unha proba da Delegación de Galicia do Real Club Español do Can Pastor Alemán (CEPPA). Tratábase dun evento clasificatorio para o Campionato de España.
Seguir lendo
Entroido 2016 no Araño
7 FebA pesar de que onte fixo un día de cans e de que no centro de Rianxo se suspenderon as actividades relacionadas co entroido por culpa do mal tempo, no Araño seguiron co programa previsto ao ser dentro do centro sociocultural. E a pesar da chuvia torrencial e do vento forte que soprou a primeira hora da tarde, numerosos veciños acudiron á cita. Víase que había ganas de desfrutar do entroido, e non só foron do Araño, senón que dende outras parroquias achegáronse a pasar unha tarde entretida en familia.
O magosto 2015 no Araño
2 NovO pasado sábado celebrouse no centro sociocultural do Araño o tradicional magosto que organiza a asociación de veciños. Nesta ocasión asáronse preto de 40 quilos de castañas que estaban boísimas. Aquí podedes ver un pequeno resumo do que foi a xornada.
Magosto no Araño
30 Out
Quen ten ganas de castañas quentiñas? Pois mañá, 31 de novembro, no Araño haberá a fartar e de xeito gratuíto. Na Centro Sociocultural van celebrar o magosto, contando ademais con inchables e noso Magosto. Este ano pensamos nos máis cativos, polo que teremos inchables e tamén coa actuación de Fanfarra Títeres coa súa obra “A caixiña máxica”. O grupo A Restreva tamén animará a tarde e se queredes tomar algo na cantina, os prezos estarán tirados 😉
V Andaina ata o Pozo Bastón dos veciños do Araño
21 Ago
Como cada ano, e xa van cinco, a Asociación de Veciños do Araño organiza unha ruta ata o Pozo Bastón. A andaina terá lugar o domingo 30 de agosto, partindo dende o hórreo máis longo do mundo (se hai algún despistado que non é da parroquia, é o que está detrás da igrexa) ás 9 da mañá.
A ruta irá ata o Pozo Bastón e volverase ao punto de inicio, co cal serán arredor de 12 quilómetros. Como indican dende a Asociación, “apuntádevos é de balde, bo para saúde e como de costume teremos algunha sorpresiña (os que fostedes xa sabedes…)”. E os que non fóstedes, xa vos digo eu que teñen avituallamento e do bo, que aínda se nota que tocou o Gordo de Nadal hai uns anos alí 😉
Fotos da andaina ata o Pozo Bastón
10 AgoOnte pola mañá convocamos a quen se animase a participar nunha andaina duns 11 quilómetros, os que unen a Ponte de Té, en Taragoña, co Pozo Bastón, no Araño. E a verdade é que a experiencia non puido resultar mellor, xa que ao percorrido fomos unhas 42 persoas, ás que se uníu outra media ducia na Ferrería. Velaquí un pequeno resumo rápido de como foi a mañá.



