Compartimos con vós a chegada á praza da Igrexa de Rianxo, dos noivos. Primeiramente vemos a Roberto, o mozo de Eva Iglesias, que chega entre aplausos dos veciños.
Fotos da voda de Eva Iglesias, colaboradora do Land Rober da TVG
18 MarAínda que habitualmente non tratamos eventos sociais neste blog, a verdade é que hoxe en Rianxo non se falaba doutra cousa que non fora a voda de Eva Iglesias, a coñecida colaboradora do Land Rober. E xa era máis que coñecida por todos polo seu traballo en varias orquestras (Abanico, Cinema e Marbella) e que na pequena pantalla tamén actou na serie “Augasquentes”. Antes foi a gañadora de “Canteira de Cantareiros” no Luar.
O Día do Deporte Choqueiro 2017
28 FebUn ano máis, no pavillón de deportes de Rianxo, celebrouse o Día do Deporte Choqueiro, organizado pola Concellaría de Deportes. Aquí vos traemos algunha imaxe das actividades, xa que ademais de inchables os nenos puideron montar en triciclos, xogar a derribarse ou botar partidas en videoconsolas.
Entroido no colexio de Rianxo 2017
24 FebE aquí temos tamén os disfraces dos cativos de Rianxo. Baixo o lema da biblioteca, “Comer e ler, fante crecer” este ano desenvolveuse a temática desta celebración. Así que trunfou a cociña. Os galegos en xeral e os rianxeiros en particular somos de bo dente, así que don carnal tivo a súa particular homenaxe a través da comida, dos produtos típicos galegos e de programas que están a triunfar entre pequenos e non tan pequenos. E por suposto, ademais de bos alimentos, que na casa non falten grandes libros.
Belén vivente de Rianxo 2017
5 XanXa están a piques de chegar os Reis Magos a Rianxo. No belén vivente xa teñen todo preparado para recibir ás súas maxestades.
Fotos das Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o último día
18 SetO último día das festas da Guadalupe comezaba co festival de música Rianxo on Fire, que tivo lugar ao lado da praza da Manuela. Moi preto, centos de pais acompañaban aos máis cativos nas atraccións, mentres miles de persoas tomaban algo nas terrazas ou bailaban na praza de Castelao.
Fotos das Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: a festa da escuma
18 SetDucias e ducias de rapaces e non tan rapaces xuntáronse na praza de Castelao para celebrar a festa da escuma. Como curiosidade, dicir que este ano a escuma era diferente. Non tiña tanto volume, polo que non cubría a xente e era máis divertido moverse e xogar. Vamos, que os pais de seguro que o agradeceron.
Fotos das Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: Rianxolandia
18 SetUn dos días máis agardados polos nenos é o venres da Guadalupe, no que ten lugar Rianxolandia. Alí hai diferentes atraccións nas que os pequenos poden brincar, xogar, rir e pasar a mañá e a tarde cos seus amigos.















