Hoxe, domingo, foi o día grande das festas, coa misa na honra da Virxe da Guadalupe e a posterior procesión marítima. Esta última estivo en perigo, pola néboa imperante na ría. Finalmente houbo sorte e foi levantando aos poucos, ata quedar un día marabilloso.
Fotos e vídeos da Guadalupe 2016: o chupitaso
10 SetXa temos as primeiras fotos desta Guadalupe 2016 en Rianxo. Un ano máis, os máis novos ocuparon a praza de Castelao para dalo todo e celebrar a chegada dunha semana intensa de emocións e chea de parranda, música e bos momentos. Comentar que durante todo o día tiveron lugar actividades do festival TOSTA, pero que non puidemos asistir, polo que non temos fotos.
Do porto de Leiro ata o de Rianxo, en kayak
28 AgoGrazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.
Fotos da I carreira/andaina solidaria Castelo da Lúa
25 Ago
A pasada fin de semana tivo lugar a primeira edición da Carreira Andaina Castelo da Lúa, na que participaron 400 persoas: 86 na andaina, 158 na carreira absoluta e 114 no resto. Todo o que se recadou foi para a Sociedade Galega co Pobo Saharaui.
Derbi de equipos rianxeiros de fútbol
18 Ago
O noso particular Celta-Deportivo ou Real Madrid-Barça terá lugar este domingo 21 de agosto. Terá lugar o XIV Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo, un evento a tres bandas cos tres grandes equipos de fúbtol do Concello: o Taragoña, o Araño e o Unión.
O triangular será no Campo Municipal de Vilas, en Asados, a partir das 19.00 horas. O último encontro terá lugar ás 20.30h
XIV Festival de baile e música tradicional Aleivosía
11 Ago
Este domingo 14 de agosto, na praza de Rafael Dieste ás 21.30h, celebrarase o XIV Festival da Escola de baile e música tradicional Aleivosía. Nel participarán un ano máis as diferentes agrupacións escola de baile, pandeireta e gaita. Tocarán, cantarán e bailarán distintas xeracións, veciños de entre 3 e 40 anos de idade que ofertarán unha noite chea de bailes, música e colorido.
Cartel das festas de Asados 2016
11 AgoContinúa a troula este verán coas festas de Asados. Durante este venres, sábado e domingo a comisión de festas da parroquia dáo todo para que os veciños o pasen o mellor posible, con moita música e actividades.
Noites de Jazz 2016
10 Ago
Os pasados 3, 4, 5 e 6 de agosto puidemos desfrutar un ano máis das Noites de Jazz. Desta vez o tempo acompañou e tódalas actuacións puidéronse celebrar na praza de Rafael Dieste.
Deixámovos unha escolla con algunhas das imaxes do que deron de si estas as catro noites.
Valoración de Adolfo Muíños do comezo do seu segundo mandato
9 Ago
Aínda que vai alá xa o ano dende o comezo da nova lexislatura, quixemos repasar co alcalde, Adolfo Muíños, como están a ser estes primeiros meses de traballo. Falamos dos orzamentos, nos que vai notar a mellor situación económica do Concello, do PXOM (que espera aprobar nun pleno no 2017), da entrada en Serra do Barbanza e das actuacións previstas nos próximos meses. Ademais, de novo, insiste en que deixará o seu cargo rematados os oito anos á fronte da alcaldía de Rianxo, para lanzar a mensaxe de que ninguén é imprescindible.
Festas do Araño 2016
8 AgoO domingo 7 de agosto tivo lugar a romaría da Virxe dos Milagres do Araño. Este ano non houbo festa como tal, pero si as tradicionais misas, na capela que está preto da igrexa. Durante toda mañá a calor foi a gran protagonista, pero iso non impediu que moitos devotos se achegasen ao lugar dende a primeira hora.




