I Regata amistosa Banco Sabadell Gallego-Concello de Rianxo

26 Out

_MG_4598

O pasado sábado 26 celebrouse no peirao rianxeiro a I Regata amistosa Banco Sabadell Gallego-Concello de Rianxo. Baixo o patrocinio do Banco Sabadell e coa colaboración do Concello de Rianxo, durante todo o día desputáronse diferentes quendas competitivas que abarcaron dende os máis cativos ós máis veteráns remeiros da contorna.

Seguir lendo

2 de novembro, III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo

21 Out

É, sen dúbidas, unha das citas deportivas do ano en Rianxo, non porque veñan corredores de todos os lados, senón sobre todo polo volume de xente que move o evento. Hai que pensar que o ano pasado se inscribiron máis de 900 persoas, e este ano agárdanse, alomenos, outras tantas. É a III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo.

Seguir lendo

Foto antiga do cruceiro de Rianxiño

14 Out

Velaquí unha foto antiga do cruceiro de Rianxiño. Ao principio pensamos que era o da praza da Igrexa, pero menos mal que está Xosé Comoxo atento para avisarnos do noso erro 🙂

b (47)

A libraría Cándido, un establecemento con máis de 110 anos

13 Out

Unha das librarías máis antigas de Galicia está en Rianxo. En concreto é a libraría Cándido. Hai documentos que a data de 1904, aínda que se cre que comezou a funcionar antes. Iso si, daquela chamábase “Establecimientos La Colmena” e tiña fíos, agullas e de todo un pouco.

Alí estivo a primeira imprenta de Rianxo, que era manual.

Cine e teatro esta fin de semana

8 Out

Esta fin de semana comeza no noso municipio o programa “Noites de Cine“, que terá lugar durante outubro. Está organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello e poderanse ver as películas Enrugas, Frozen e Oz, mundo de fantasía. Esta fin de semana será en Rianxo, a próxima en Leiro e o 23 de outubro no Araño.

Seguir lendo

Festas de Leiro 2015

7 Out

festasdeleiro

Esta fin de semana, o 8, 9 e 10 de outubro, son das festas da parroquia de Leiro. E coo cada ano, o cartel é de luxo, xa que traen grandísimas orquestras. Así, entre as actuacións destacan Filadelfia, Pontevedra, Metrópolis, Fania Blanco Show, Claxxon e Aché.

Non deixedes de ir, que agora que rematou o verán todo semella máis triste, pero para iso están as festas de Leiro, para animarnos 😉

XV Autocross O Castro

5 Out

autocross

Este próximo sábado, 10 de outubro, terá lugar en Taragoña o XV Autocross o Castro. A xornada comezará cediño, ás 9 da mañá, coa chegada dos participicantes e as oportunas verificacións. Así e todo, os motores comezarán a ruxir a partir do mediodía, cos adestramentos. E a adrenalina, derrapes e aceleróns viviranse sobre todo a partir das 14.45 horas, cando comezan as semifinais.

IX Ruta Cabalar de Rianxo

27 Set

campo1

Hoxe, no lugar do Xogo dos Bolos, tivo lugar a IX Ruta Cabalar de Rianxo. Os xinetes apuntados saíron do punto de encontro ás 10.30h para percorrer os montes do municipio, parando na praia das Cunchas a tomar un picho.

Seguir lendo

Limpeza no río Te

26 Set

A través de La Voz enterámonos de que mañá, 27 de setembro, Rianxo participa no proxecto “Móllate polos ríos”. A idea é realizar unha limpeza de forma simultánea en distintos ríos de 40 concellos galegos e un deles será o Té, onde a xente pode ir de forma voluntaria e botar unha man.

Seguir lendo

Todas as fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2015

24 Set

feiron2015

ultimodia2015

chupitaso2015

juadalupenas2015

festadaescuma2015

Rianxolandia2015

rockinrian2015

xoves2015

procesion2015